Muhammad Ali
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Muhammad Ali-Haj (nado en Louisville, Kentucky o ano 1942 como Cassius Marcellus Clay) é un boxeador afroamericano. Foi un dos máis grandes boxeadores mundiais, coñecido tamén polo seu activismo político.
Cando aos 12 anos denunciou o roubo da súa bicicleta a un policía que resultou ser adestrador de boxeo e que lle suxeriu que estaba capacidado para a práctica dese deporte, e baixo a súa tutela comezou a loitar nas categorías xuvenís.
Nos Xogos Olímpicos de 1960, en Roma gaña unha medalla de ouro na categoría de pesos lixeiros e decide converterse en profesional baixo a tutela de Angelo Dundee.