Terra Nova e Labrador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Terra Nova e Labrador (Newfoundland and Labrador, en inglés, e Terre-Neuve-et-Labrador, en francés) é unha provincia do Canadá. Foi a última provincia a entrar na confederación canadense, en 1949.
Xeograficamente, a provincia consiste na illa de Terra Nova e mailo Labrador, localizado no continente. A provincia está localizada no leste canadense, nas marxes do Océano Atlántico. Cando a provincia entrou no Canadá en 1949, chamábase Terra Nova, mais desde 1964 o governo da provincia autonomeouse Governo de Terra Nova e Labrador, e o 6 de decembro de 2001, criouse unha enmenda na Constitución do Canadá, que mudou o nome da provincia para o actual nome.
Orixinalmente, a provincia foi colonizada polos franceses, facendo parte da Acadia. Na década de 1690, a rexión foi conquistada polos ingleses. Terra Nova e Labrador continuou como colonia inglesa ata 1948,cando unha votación que decidiría o futuro da provincia foi iniciada. A poboación da provincia, entre ser anexada polos Estados Unidos, continuar como colonia inglesa, tornarse unha nación independente ou ser anexada polo Canadá, preferiu a última opción, e Terra Nova e Labrador tornouse a décima provincia do Canadá, en 31 de marzo de 1949.
Divisións administrativas do Canadá | |||||
---|---|---|---|---|---|
|