Termas de Caracalla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Termas de Caracalla foron uns baños públicos construídos en Roma entre o ano 212 e o 216 durante o reinado do emperador Caracalla, eran as termas máis grandes de Roma, con máis de 9 ha, con capacidade para 1600 persoas, con 64 cisternas de 80.000 litros cada unha. As ruínas das termas constitúen unha popular atracción turística.