Silva, Pol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Silva parroquia do concello de Pol na provincia de Lugo.
Índice |
[editar] Hidrografía
O río Azúmara (Congostro ou Pontedá) percorre a parroquia procedente de Mosteiro e o río Pol (Silva ou Ribeiro) con destino ao río Miño. O rego de Doncide desemboca no Azúmara por Cuenza-Pontedá.
[editar] Monumentos e lugares de interese
- Ara vialis de Bouzoá
- Mosaico Romano de Doncide
- Calzada romana de Fonfría
- Monte das Croas en Andión
- Medorras dos Medianeiros (Pedro Canto)
- Granda de Andión
- A Penourenta. Canteiras de Andión: laxes de lousa verde con incrustacións de pirita de ferro (o que dá nome á Penourenta pola semellanza co ouro que presenta a pirita de ferro.
- Capela de Doncide baixo advocación de Santo Antonio de Padua e San Francisco Xavier (tamén o Santo Anxo da Guarda). Foi feita sendo donos do lugar de Doncide o Licenciado Antonio López Danllo e a súa muller Francisca Saavedra, na primeira metade do século XVII.
- Igrexa de Silva baixo advocación de Santiago Apóstolo desde tempo antigo, documentado como Santo Jacobo no século XII
- Muiño de Llanes en Andión no río Azúmara .
- Muiño de Ventín no mesmo río Azúmara .
- Campo da Festa en Andión.
- Escola de Fonfría, pechada.
- Escola de Bouzoá, reconvertida en vivenda.
- Casa grande de Eiras.
[editar] Festas
San Brais (3 de febreiro), Santiago (25 de xullo), Nosa Señora do Rosario (7 de outubro -2º domingo de outono-).
[editar] Lugares de Silva
Andión, Barreiro (O), Bouzoá, Campo de Andión (O), Doncide, Eiras, Fonfría, Granda (A), Outeiro (O), Porto de Eiras, Ventín (ou Bentín), Vilavella (A), Silva.
Ademais teñen especial vinculación con Silva os lugares de Cuenza, O Bento (desaparecido século XX), Rigueira (A), Gargallán, e A Carreira Blanca (Sitieles), que administrativamente pertencen a Castro de Rei (son os chamados Medianeiros). Medianeiros que tamén se poden incluir en Ramil (Santa Mariña)-Castro de Rei. Houbo muiño en Gargallán no lugar de Muiño Albeiro -no río Azúmara- e outros mais antigos dos que non quedan restos (A Rigueira -no Rego de Doncide-, A casa do Muiño de Gargallán -no río Azúmara-)
No occidente da parroquia de Silva, o monte de Andraíde convoca na parte mais alta (592 metros) os términos municipais de Pol e Castro de Rei, arriba da paraxe das Louseiras
[editar] Curiosidades
- Andraíde: Con só 592 metros é o pico máis alto da parroquia, fai fronteira con Viladonga (Santiago) e Ramil (Santa Mariña).
- Houbo en Silva un mosteiro benedictino baixo a protección do papa Adriano IV en 1156, deixando restos toponímicos (Bento/Bentín).
- A Penourenta: Penedo con incrustacións de pirita de ferro (típico na lousa de Silva). A pirita de ferro foi chamada tamén "ouro dos parvos". A semellanza co ouro fai que se chame "penourenta", a unha parte do camiño que leva a Silva desde Andión.
- Penadá: Curioso topónimo nos medianeiros, podería enlazar con "Abieno de Pontilo" na tessera dos zoelas, si se pensa nunca finca pontiliana, evolutivamente "pontedá". De igual xeito se pode pensar nunca finca bodeciana (Bodecio de Burralo) que dese orixen ao topónimo Bouzoá.
- O controvertido topónimo Viladonga podería ser un hiperenxebrismo, que roubaría o nome ao tradicional Villadonga (neste caso a procedencia latina viría a través de unha "villula dominica").
[editar] Orixen do apelido Silva
"Pelayo Fruela" ou "Paio Froila", señor de Silva, casou cunha filla de Vermudo II (982-999), dando orixen a catorce casas nobiliarias repartidas por toda a Península.
Unha Filla de "Paio Froila", neta d`El-Rei don Vermudo II de León, estando próxima a morrer deu testamento en 1058, na cidade de León (capital do reino) nombrando albacea testamentario ao bispo galego "San Alvito de Mondoñedo, bispo de León", Este san Alvito foi restaurador da igresia de Cirio en Pol, sendo "o presbitero Aloitus". Da "nobilisima señora dona Fronilde" quedou en hebreo un documento de compra que fixo en León a Josef bar Joab Escapat, o xoves día 20 do mes Marhesvan do año 814 (4 de novembro de 1053)
[editar] Parroquias de Pol
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Pol | |
---|---|
Arcos de Frades (Santiago) | Caraño (San Martiño) | Carazo (San Pedro) | Cirio (Santa María) | Ferreiros (Santo André) | Fraialde (Santa María) | Gondel (San Cosme) | Hermunde (San Pedro) | Lea (San Bartolomeu) | Luaces (Santa María) | Milleirós (Santiago) | Mosteiro (San Salvador) | Pol (Santo Estevo) | San Martín de Lúa (San Martín) | San Martiño de Ferreiros (San Martiño) | Silva (Santiago) | Suegos (Santa Eulalia) | Torneiros (San Lourenzo) | Valonga (Santa María) |