Selectividade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sistema educativo español |
---|
Rexime xeral |
|
Rexime especial |
|
O exame de selectividade é unha proba escrita que se realiza os estudantes que desexan acceder a estudos universitarios nas universidades públicas e privadas de España. Dito exame forma parte das Probas de Acceso a Estudos Universitarios (PAU ou PAAU), nos que, ademáis da selectividade, computan os dous cursos de Bacharelato.
O exame consta de, coma mínimo, seis probas escritas. Tres delas son comúns a tódolos alumnos do país: Lingua castelá e Literatura, Idioma extranxeiro e Historia da Filosofía ou Historia). As outras tres probas son das asignaturas propias da modalidade de Bacharelato escollida polo alumno. Nas comunidades autónomas en donde hai linguas co-oficiais, faise tamén unha proba da segunda lingua oficial e da súa literatura correspondente. O exame faise na universidade máis próxima á residencia do alumno, xeralmente durante tres días de mediados de xuño na convocatoria ordinaria, e de setembro na extraordinaria, á que o alumno póde presentarse no caso de non superar a primeira ou no caso de querer subir nota. Dependendo da nota media obtida nas PAAU e a media de bacharelato (40% e 60% respectivamente), o alumno poderá escoller a carreira universitaria que queira cursar (a maior nota, maior prioridade para escoller unha carreira) sempre e cando ambas superen o 4 e a media resultante supere o 5 sobre 10: así, a nota de corte é a nota mínima que se emprega coma límite para acceder a unha carreira determinada antes de que se ocupen tódalas prazas ofertadas. Esta nota varía cada ano e dunha universidade a outra.