Universidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha universidade é un centro de ensino superior constituído por facultades. Para aloxamento dos estudiantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.
Na Galiza existen hoxendía tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela con campus en Santiago de Compostela e Lugo; a Universidade de Vigo con campus en Vigo, Pontevedra e Ourense; e a Universidade da Coruña con campus na Coruña e máis en Ferrol. A de Santiago foi historicamente a universidade galega, criada a fins do século XIV. Foi na década de 80 do século XX que a Xunta de Galicia decidíu a criación das universidades da Coruña e Vigo, a partir dos campus que a de Santiago tiña xa nestas cidades.