Educación primaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sistema educativo español |
---|
Rexime xeral |
|
Rexime especial |
|
A educación primaria é a que asegura a correcta alfabetización, é dicir, que ensina a ler, a escribir, o cálculo básico e algúns dos conceptos culturais considerados imprescindibles. A súa finalidade é proporcionar a tódolos alumnos unha formación común que faga posible o desenrolo das capacidades individuais motrices, de equilibrio persoal; de relación e de actuación social coa adquisición dos elementos básicos culturais; os aprendizaxes relativos mencionados anteriormente. É o primeiro paso para a educación secundaria e superior. Na maioría de países constitúe un estadio obrigatorio e impartese en escolas ou colexios. Os nenos e nenas deben comezar a educación primaria coincidindo co ano natural no que cumpren 6 anos e normalmente rematan aos 12.
Os obxectivos xeráis deste periodo educacional son:
- Comprender e producir mensaxes orais e escritas en castelán e, no seu caso, na lingua propia da comunidade autónoma, atendendo a diferentes intencións e contextos de comunicación, así coma comprender e producir mensaxes orais e escritos sinxelos e contextualizados nunha lingua extranxeira, xeralmente inglés.
- Comunicarse a través dos medios da expresión verbal, corporal, visual, plástica, musical e matemática, desenrolando o razoamiento lóxico, verbal e matemático, así coma a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para disfrutar das obras e manifestacións artísticas.
- Empregar na resolución de problemas sinxelos os procedimientos oportunos para obter a información pertinente e representala mediante códigos, tendo en conta as condicións necesarias para a súa solución.
- Identificar e plantexar interrogantes e problemas a partir da experiencia diaria, empregando tanto os coñecementos e os recursos materiais disponibles coma a colaboración doutras persoas para resolvelo de forma creativa.
- Actuar con autonomía nas actividades habituais e nas relacións de grupo, desenrolando as posibilidades de levar a cabo iniciativas e de establecer relacións afectivas.
- Colaborar na realización e planificación de actividades en grupo, aceptar as normas e regras que democráticamente se establezan, articular os obxectivos e intereses propios cós dos outros membros do grupo, respetando puntos de vista distintos, e asumir as responsabilidades que correspondan.
- Establecer relacións equilibradas e constructivas coas personas en situacións sociais coñecidas, comportarse de maneira solidaria, recoñecendo e valorando críticamente as diferenzas de tipo social e rechazando calquer discriminación basada en diferenzas de sexo, clase social, crencias, raza e outras caracteísticas individuais e sociais.
- Apreciar os valores básicos que rixen a vida e a convivencia humana e obrar dacordo con eles.
- Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do entorno natural e social, e contribuir activamente, no posible, á defensa, conservación e mellora do medio ambiente.
- Coñecer o patrimonio cultural, participar na súa conservación e mellora, e respetar a diversidade lingüística e cultural coma dereito dos pobos e individuos, desenrolando unha actitude de interés e respeto deica o exercicio deste dereito.
- Coñecer e apreciar o propio corpo e contribuir ó seu desenrolo, adoptando hábitos de saúde e benestar e valorando as repercusións de determinadas conductas sobre a saúde e a calidade de vida.
A educación organizase nas seguintes áreas impartidas polos Maestros/as:
- Educación Física.
- Linguas extranjeras.
- Lingua castelán, lingua correspondente á Comunidade Autónoma e Literatura.
- Matemáticas.
- Educación Artística.
- Coñecemento do Medio natural, social e cultural.
Comprende seis cursos académicos, dende os 6 aos 12 anos e ten carácter obrigatorio. Estructurase en tres ciclos de dous cursos cada un, para os que se establecen uns obxectivos xerais para cada etapa: ciclo inicial (de 6 a 8 anos), ciclo medio (de 8 a 10 anos) e ciclo superior (10 a 12 anos). Esta é a primeira etapa obrigatoria do sistema educativo polo que deben incorporarse a ela tódolos nenos e nenas de 6 anos independientemente de si realizaron ou non a Educación Infantil.