Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo Estevo de Budiño, ou Budiño d´abaixo, é unha parroquia encravada no Val da Louriña e moi ligada ao Porriño, aínda que pertence ao concello de Salceda de Caselas.
A súa orixe pode estar ligada á veciña parroquia de San Salvador de Budiño, aínda que xa no século XIII se menciona a parroquia co seu nome actual. Durante a Idade Media e até o século XIX formou parte da xurisdición de Budiño (formada polas dúas parroquias que levan o nome) baixo a forma de "couto veciñal", onde os propios habitantes podían escoller os seus cargos públicos.
A actual igrexa parroquial é de mediados do século XIX, e atópase na entidade de Barral. Procedente desta igrexa atópase actualmente no Museo Diocesano de Tui unha imaxe da Virxe do Libramento do século XV. As festas na honra da virxe celébranse o segundo domingo de setembro.
Comparte unha parte das Gándaras de Budiño, espazo natural protexido pola Rede Natura 2000.
Dentro dela tamén se atopa o centro industrial do Cerquido, o de maior importancia de todo o concello.
Monumentos artísticos ou etnográficos:
- Igrexa de Santo Estevo de Budiño: Construida entre os anos 1849 e 1850. Destaca tamén a casa reitoral.
- Cruceiro do Coto: Erguido en 1701, conserva a seguinte inscrición: HICOL/OIO.SEPH/DEPAIAM/OS 1701
- Calvario
- Aceas ao longo de varios regatos.
Entidades de poboación: A Ameixeira, Barral, Becerreira, Bouzapanda, O Cerquido, Costeira, Eido Vello, Lomba, Rega da Lama, O Regueiro, Rubindo, Seixo Branco e Urgueira.
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salceda de Caselas | |
---|---|
Entenza (Santos Xusto e Pastor) | Parderrubias (San Tomé) | A Picoña (San Martiño) | San Xurxo de Salceda (San Xurxo) | Santa María de Salceda (Santa María) | Santo Estevo de Budiño (Santo Estevo) | Soutelo (San Vicente) |