Gándaras de Budiño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Gándaras de Budiño son un ecosistema natural consistente nun conxunto de lagoas, balseiros e regatos no curso do río Louro perto da localidade de Porriño e do Parque Natural do Monte Aloia. Constitúen a maior extensión de lagoas de Galiza e o ecosistema acuático de augas continentais máis variado.
Este humedal formouse coa colmatación de antigas lagoas que se converteron en zonas pantanosas. O terreno afundiuse debido á aparición de varias fracturas tectónicas; a bacía encheuse con sedimentos da inundación do río Miño, que deixou gravas e areas. Polo leste, o río Louro serpentea entre dous conxuntos graníticos, o Penedo Corucho e o Faro de Budiño, este último recoberto de grandes cristais de cuarzo. Polo oeste érguese a Serra do Galiñeiro, con máis de 700 m. de altitude.