Ril
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os riles son dous órgaos con forma de faba . No ser humano cada un tén, aproximadamente, o tamaño do seu puño pechado. Localizados no retroperitoneo, xusto debaixo das costelas, á altura das primeiras vértebras lumbares, filtran o sangue do aparato circulatorio e permiten a excreción a través da urina de diversos residuos metabólicos do organismo por medio dun sistema complexo que inclúe mecanismos de filtración, absorción e excreción.
Cada día os riles procesan uns 200 litros de sangue para producir, aproximadamente, 2 litros de urina, unha solución líquida composta de auga e diversas sustancias en cantidade variábel que se eliminan do organismo, procedentes do metabolismo corporal. A urina baixa continuamente para a vexiga a través duns conductos chamados uréteres. A vexiga almacena a urina ata o intre de orinar.
Índice |
[editar] Funcións do ril
Os residuos eliminados na urina proceden da actividade metabólica de todo o organismo. Se os rile non eliminaran estes residuos, acumularíanse no sangue e serían nocivos para o organismo. Ademais de eliminar os rexeitos, as células renais producen sustancias que controlan diversas funcións no organismos. Os riles producen renina, que regula a tensión arterial mediante o sistema renina-anxiotensina-aldosterona; producen eritropoxetina que regula a síntese de glóbulos vermellos e actua na formación da vitamina D, esencial para a síntese de tecido óseo.
[editar] Filtrado
A filtración ocorre en pequenas unidades colocadas dentro dos riles chamadas nefroas. Cada ril tén arredor dun millón de nefroas. Na nefroa, un glomérulo--que é un pequeno vaso sanguíneo ou capilar-- entrelázase cun pequeno tubo colector de urina chamado túbulo. Producese un complicado intercambio de sustancias químicas a medida que os rexeitos e a auga saen do sangue e entran no sistema urinario.
Ao principio, os túbulos reciben unha mezcla de rexeitos e sustancias químicas que o corpo aínda pode usar. Os riles miden as sustancias químicas, tales como o sodio, o fósforo e o potasio, e envíannas de regreso ao sangue, que as devolve ao corpo. Dese xeito, os riles regulan a concentración desas sustancias no corpo. Fai falla un equilibrio correcto para manter a vida, mais as concentracións excesivas poden ser perxudiciais.
Ademais de retirar os rexeitos, os riles liberan tres hormonas importantes:
- eritropoyetina, que estimula a produción de glóbulos vermellos pola medula ósea.
- renina, que regula a presión arterial
- a forma activa da vitamina D, que axuda a manter o calcio para os ósos e para o equilibrio químico normal no corpo
[editar] Doenzas que afectan os rins
Case todas as doenzas dos riles atacan as nefronas e fanlles perder a súa capacidade de filtración. A lesión ás nefronas pode ocorrer axiña, a miúdo como resultado de lesión ou intoxicación. Mais case todas as doenzas dos riles destrúen as nefronas lenta e silenciosamente. Tal vez pasen moitos anos ou aínda decenios antes de que se manifeste o dano.
As dúas causas de doenza dos riles máis comúns son a diabetes e a tensión arterial alta (hipertensión).
[editar] Listado de doenzas
- Cálculo renal
- Nefropatía diabética
- Glomerulonefrite
- Hipertensión arterial
- Doenzas hereditarias ou conxenitas dos riles
[editar] Referencias
[editar] Véxase tamén
- Ril artificial