Quilo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- «Quilo» é tamén a letra K no alfabeto fonético.
Quilo (símbolo: k) é un prefixo do Sistema Internacional de Unidades que equivale a 1.000 unidades 103. Por exemplo:
- un quilogramo son 1.000 gramos
- un quilómetro son 1.000 metros
- un quilovatio son 1.000 vatios
- un quiloxulio son 1.000 xulios.
Adoptado en 1795, vén do grego χίλιοι, que significa mil.
Coloquialmente úsase con frecuencia o termo apocopado "quilo", como abreviatura de "quilogramo".
En informática, quilo non é sempre exactamente 1.000, senón que equivale a 1.024 (210), en especial, cando se refire a almacenamento. Por exemplo, un quilobyte son 1.024 bytes, non 1.000.
Así a todo, quilo e mega teñen o seu significado tradicional procedente do Sistema Internacional cando se refiren a velocidades ou transferencias de datos. Por exemplo, 56 quilobits por segundo son 56.000 bits por segundo, non 57.344.
Unha convención común consiste en utilizar k (en minúsculas) para 1000 e K (en maiúsculas) para 1.024.