Porto Seguro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Porto Seguro | |
---|---|
Estado | Bahia |
Área | 2406 km² |
Poboación | 72.986 (Censo 2000) |
Altitude | 4 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 16°26' S |
Lonxitude | 39°05' O |
Distancia de Salvador | 707 Km |
Código postal (CEP) | 45810-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Porto Seguro Av. do Descobrimento, s/n.º |
Internet: | http://www.portoseguro.ba.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Jânio Natal |
Porto Seguro é unha cidade brasileira do Estado da Bahia. Sitúase ó sur do estado, nunha rexión que foi a primeira avistada polo navegante portugués Pedro Álvares Cabral, a 22 de abril de 1500.
Hoxe as súas praias son famosas no Brasil e en outros países. Todos os anos, turistas europeus, (principalmente portugueses e franceses) ademáis de estadounidenses, arxentinos e israelís, e tamén millares de brasileiros de varias partes do país visitan a cidade e seus distritos de Arraial d'Ajuda e Trancoso. Na cidade e nestes dous distritos hai igrexas e moitas casas que remotan ao periodo colonial brasileiro, que están preservadas por lei, e seus propietarios non as poden modificar sin permisión do poder público.
No municipio sitúase o Parque Nacional do Pau Brasil e, non moi distante dela, o Parque Nacional do Monte Pascoal e o Parque Nacional do Descobrimento. A razón para a existencia destes parques é garantir a preservación do pouco que resta da Mata Atlántica, a floresta orixinal que cobría a rexión cando da chegada dos brancos. Hai tamén unha aldea de indios da etnia pataxó que preservan alguns costumes dos seus antepasados, pero non máis falan a súa lingua orixinal, pero sí o portugués.
Para chegar á cidade dende Salvador recorrese 707 km pola estrada BR-101 e despois pola BR-367. Para o Río de Xaneiro son 1.120 km, para Brasilia son 1669 km, e para São Paulo son 1481 km por estradas asfaltadas. Hai tamén a opción do avión, xa que o seu aeroporto recebe ata voos internacionais.
Ademáis do turismo, outras actividades económicas importantes son a agricultura (principalmente anacardo e coco), a gandería, e o comercio e algúns servizos.