Pertinax
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Publius Helvius Pertinax foi un emperador romano, nado en Alba Pompeia no 126 e morto en Roma no 193.
Durante os seus anos mozos estivo traballando como ensinante de gramática, pero probablemente aburrido deste labor, enrolouse no exército, e grazas o patron do seu pai, Loliano Alvito, consul no 144, foi nomeado centurión. Pronto se amosa o seu grande valor nas guerras particas, e é trasladado a Britania. Dende ali, o seu seguinte destino é en Mesia, como praefectus alae, onde está ao mando dunha das ás da cabalaría. Volve a trocar de destino, xa administrativo, en Alba Emilia, como praefectus alimentorun, cun novo carrego para a flota do Rhin, e de ali a Dacia, como ducenarius, ou sexa, supervisor das contas da provincia, carrego que o levou a ser acusado falsamente de malversación dos fondos públicos, e foi cesado polo emperador dos seus carregos.
Retirado, foi chamado por T.Claudio Pompeiano para servir nas suas forzas como xefe da cabalaría. Pompeiano é o xenro do emperador Marco Aurelio no tempo en que os marcomanos irrumpiron en Aquileia, onde Pertinax é destinado é destaca na loita contra os marcomanos, sendo recompensado polo emperador, que o introduce no Senado, xa que a sua honra xa estaba limpa ao se descubrir que a malversación fora unha trama para alonxar un funcionario honrado e pouco dado aos subornos. Como a guerra continúa, Pertinax é nomeado legado da lexión I Adiutrix, para rexeitar os marcomanos de Raetia e Noricum, accion que consigue facer brillantemenete, e Marco Aurelio noméao cónsul.
Enviado a Siria no 175, ten que voltar de novo para o Danubio, xa que a guerra empeorara naquela provincia. Foi nomeado no 179 gobernador da Dacia, despois de telo sido da Mesia Superior e Inferior. Finalmente e como cumio da sua brillante carreira, danlle a Siria para gobernar, é a morte de Marco Aurelio, parece que se deixou levar polas prebendas do carrego, xa que voltou a Roma moito mais rico do que fora na Dacia.
Xa en tempos de Cómodo, foi chamado por este para sufocar unhas revoltas entre as lexions afincadas en Britania, é a sua volta foi nomeado prefecto de Roma. Co asasinato deste, Pertinax foi nomeado emperador polos pretorianos, carrego que só ocupou 83 dias, xa que todas as iniciativas tomadas para voltar a tempos anteriores foron mal tomadas, especialmente polos pretorianos, que querían continuar coas suas prerrogativas. Os seus esforzos para trocar o senso que estaba a tomar o imperio e rematar cos tempos de excesos de Cómodo remataron co seu asasinato polos propios pretorianos que o nomearan emperador.
[editar] Ligazóns Externas (Inglés)
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Cómodo |
Pertinax (193-193) |
Precede a: Septimio Severo |
Dinastía dos Severos |