Pan (deus)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pan na mitoloxía grega era o deus dos pastores e dos rebaños; era especialmente venerado en Arcadia, índa que non tiña alí grandes santuarios. Pan é o deus da fertilidade e da sexualidade masculina sen freo. Seica este deus se adicaba a perseguir ninfas polos montes.Os arcadianos crían que cando unha persoa dormía a sesta non se podía espertar pois dese xeito interrompíase o sono de Pan.
Segúndo a mitoloxía Pan ten dazanove xenealogías diferentes:
Unha das xenealoxías di que, cando Hermes pastoreaba os rebaños de Driops, tivo una relación amorosa cunha das suas fillas, e dese encontro amoroso naceu o deus Pan. A sua apariencia era, de cintura para abaixo, a dun macho cabrío e o resto do seu corpo (da cintura para riba) de home, na testa tiña dous cornos, e a cara enrugada, o queixo de Pan sobresaía e todo el estaba cuberto dunha capa de pelo. Nada máis nacer escapou ás montañas, Hermes tivo que buscalo para levalo ó Olimpo envolto na pel dunha lebre. Foi no Olimpo onde os deuses lle puxeron o nome de Pan por ser fonte de diversión para todos eles.
Outra das posibles xenealoxías, di que Pan é fillo de Penélope; segundo esta versión, na ausencia de Ulises, Penélope tivo varios amantes ó mesmo tempo e de todos eles preñou. Fruto desa preñez nacería Pan, nome que significa fillo de todos.
Existe outra versión na que repudiada por Ulises despois de retornar e acusala de infiel, Penélope concebiu a Pan de Hermes.
Existen lendas que din que é fillo de Zeus e de Hibris ou de Zeus e Calixto.
Despois da batalla de Maratón foi incluido entre os grandes deuses recoñecidos polo estado. En Atenas foille consagrada unha das grutas da vertente norte da Acrópole, e instituíse na sua honra unha festa anual cunha carreira de antorchas.
Pan era o deus das brisas do mencer e da tardiña, vivía na compaña das ninfas nunha cova do Párnaso chamada Coriciana, atribúenselle dons proféticos e formaba parte do séquito de Dionisos, dise que compartía con este as súas costumes. Era cazador, curandeiro e músico. Polo que se conta Pan estaba dotado cunha grande potencia sexual, acosaba continuamente ás Ninfas. Pan vivía nos montes e nas selvas, enredando coas ovellas e asustando ós homes que se atrevían a internarse no monte, ( dahí a palabra pánico).Pan representase cun caxato de pastor e unha siringa, tamén chamada Flauta de Pan. É amigo das fontes e a sombra das árbores, tamén tiñá o costume de se agochar entre os arbustos para espia-las ninfas. Pan ten moi mal espertar sobre todo se se molesta durante a sesta. Tivo amoríos coa ninfa Pitis, o seu rival Boreas, nun ataque de ciumes, tirou a Pitis dende o alto dun penedo; Xea, sinteu lástima da ninfa e transformouna en piñeiro; dende entón Pan aparece cunha coroa de follas de piñeiro e seica esta árbore xeme cando sopra Boreas.
Pan namorouse tamén da ninfa Siringa, pero ela non o correspondía, unha vez que fuxía do acoso de Pan tirouse ó río e pediu axuda ás suas irmás as ninfas, estas compadecidas convertírona en canaval; cando Pan chegou só puido abraza-las canas abaneadas polo vento, o son que producían gustoulle tanto que decidiu crear un novo instrumento musical con elas; deste xeito inventou a flauta llamada siringa en recordo da ninfa. Seduciu a Selene, la lúa, regalándolle un vellocino de gran blancura, Pan e Selene eran venerados nunha cova do monte Niceo.
Os rituais de fertilidade originais foros asumidos a partir do Século V polas Bacantes, rituais paganos que se celebraron ata ben entrada a Idade Media.
A partires da Idade Media e ata os nosos días, a imaxe tradicional de Pan vencéllase á imaxe dodiaño en forma de macho cabrío e ós aquelarres.