Mesopotamia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mesopotamia (do grego, meso e potamos: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os rios Tigre e Eufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.
Índice |
[editar] Historia
A rexión foi ocupada en 5000 a.C. polo pobo sumerio, que construiu alí as primeiras cidades das que ten coñecimento a humanidade, como Ur e Lagash. As cidades foron erixidas sobre colinas e fortificadas para que se puidesen defender da invasión doutros pobos que buscaban un mellor lugar para vivir. Eran cidades-estados: cada cidade era independente e tiña o seu proprio goberno.
A Mesopotamia tamén é coñecida como o "Crecente Fértil", (de Lúa crecente), por ter o formato dunha Lúa crecente e de ter un chan fértil.
- 6000- -5000
-Invención do arado e da roda.
-5000
-Primeiras aldeas.
-Cultivo de cereais.
-Cerámica.
-3000
-Civilización sumeria.
-Primeiras cidades.
-Foron criados a escrita e o sistema de numeración.
-2500
-Sargón I de Acadia unifica a Mesopotamia.
-2000
-Primeira civilización asiria.
-Invasión dos hititas.
-1900 - -1200
-Primeiro imperio babilónico.
-Reino de Hamurabi.
-Fin do reino babilónico e dominación asiria na Mesopotamia.
-1100
-Destrución do Imperio Hitita.
-Nabucodonosor de Babilonia unifica o reino.
-Segundo Imperio Babilonico.
-Nace o reino de Israel.
-700
-Reino dos medos.
-En Babilonia: Reino de Nabucodonosor II.
-550 - -470
-Ciro, o Grande, conquista Ecbatana, capital dos medos, e Babilonia.
-Inicio do reinado persa.
-470
-Alexandre Magno derrota os persas e conquista a Mesopotamia.
[editar] Pobos da Mesopotamia
A Mesopotamia foi unha rexión por onde pasaban moitos pobos nómades oriúndos de diversas rexións. A terra fértil fixo que algúns deses pobos se establecesen aí. Da convivencia entre moitas desas culturas floreceron as sociedades mesopotámicas.
[editar] Sumerios
- Ver artigo principal: [[Sumerios]].
Os sumerios foron probabelmente os primeiros a habitar o sur da Mesopotamia. Desde o cuarto milenio a.C., realizaban obras de irrigación e utilizaban técnicas de metalurxia do bronce. Empregaban unha escrita cuneiforme. A súa organización social influenciou a moitos pobos que os sucederon na rexión.
[editar] Babilonios
- Ver artigo principal: [[Babilonios]].
No inicio do segundo milenio a.C., a rexión da Mesopotamia constitúese nun grande e unificado imperio que tiña como centro administrativo a cidade da Babilonia, situada nas marxes do río Éufrates. O soberano que máis se destacou foi Hamurabi, elaborando leis que ficaron coñecidas como código de Hamurabi. Despois de súa morte, a Mesopotamia foi abalada por sucesivas invasións, ata a chegada dos asirios.
[editar] Asirios
- Ver artigo principal: [[Asirios]].
De orixe semita, os asirios vivían do pastoreo e habitaban as marxes do río Tigre. A partir do final do segundo milenio a.C., pasaron a se organizar como sociedade altamente militar e expansionista. Realizaron diversas conquistas e expandiron o seu dominio para alén da propia Mesopotamia, chegando ao Exipto. O centro administrativo do imperio asirio era Nínive.
[editar] Caldeos
- Ver artigo principal: [[Caldeos]].
Pobo de orixe semita que se estableceu na Mesopotamia no inicio do primeiro milenio a.C., os caldeos foron os principais responsabeis pola derrota dos asirios e pola organización do novo imperio babilonico. Nabucodonosor foi o soberano máis coñecido dos caldeos. Gobernou por case sesenta anos e despois de súa morte os persas dominaron o novo imperio babilonico.
[editar] Personalidades históricas da Mesopotamia
- Asaradán
- Asurbanipal
- Hamurabi
- Marduk
- Nabucodonosor II
- Sargón
- Semiramis
- Tiglat-Piléser III
[editar] Cidades e Rexións históricas da Mesopotamia
[editar] Template:Vexa tamén
- Historia
- Oriente Medio
- Iraque