Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Luxor - Wikipedia

Luxor

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Nilo en Luxor
Agrandado
O Nilo en Luxor

Luxor, no Alto Nilo. refírese á cidade de Luxor na orilla leste do Nilo (150.000 habitantes, sitúada a 670 km ao sul do Cairo), á vila de Karnak, situada ao norte de Luxor e de Tebas, e tamén a Tebas mesma, que está na marxe oeste do Nilo, xusto enfrente de Luxor.

A Luxor chámaselle "o museo ao ar libre máis grande do mundo", grazas ás ruínas do complexo de templos de Karnak, o templo de Luxor e os monumentos, templos e tumbas da marxe oeste, que inclúen o Val dos Reis e o Val das Raíñas. Luxor constitúe un punto de partida excelente para visitar o Alto Exipto e é un destino turístico moi popular, tanto en si mesmo como como punto de partida ou final de cruceiros polo Nilo.

A Luxor moderna creceu a partir das ruínas de Tebas, antiga capital do Imperio Novo (1550-1069 a.C.). A súa riqueza, tanto arquitectónica como cultural, fan dela a cidade máis monumental das que albergan vestixios da antiga civilización exipcia. O Nilo separa Luxor en dúas partes: a marxe oriental, outrora consagrada aos vivos, onde encontramos os vestixios dos máis importantes templos consagrados aos deuses da mitoloxía exipcia, e a marxe ocidental, consagrada aos mortos, onde se localizam algunhas das máis importantes necrópoles do antigo Egipto, segundas en importancia relativamente ás existentes no planalto de Gizé, no Cairo, e onde foron feitos algúns dos achados arqueolóxicos máis significativos da antiga civilización, designadamente o túmulo de Tutancamon, descoberto en 1922 polo célebre arqueólogo e exiptólogo inglés Howard Carter.

O nome actual procede do árabe El-Uqsur, "os alcázares", que pola súa vez ven do latín castra, "campamentos" e débese aos dous campamentos militares construídos polos romanos. En lingua exipcia coñecíase como Waset, designación tamén do nomo, ou Niut ("a cidade"). Os gregos chamáronna tamén Dióspolis Magna.

[editar] Historia

Waset era para os exipcios dos II e I Milenios a.C. "a cidade" por excelencia. Para os seus visitantes, oa cidade era case o centro do mundo coñecido. O distrito palaciego, Deba (alterado posteriormente polos gregos en Thebai), disfrutaba dun luxo inusitado e sen precedentes, de autoridade imperial, coñecimentos e sabedoría, supremacía relixiosa e política, traballos artísticos e planos grandiosos. Algúns destes non chegaron a realizarse, como o obelisco de ouro de Hatshepsut. Fíxose sinónimo de riquezas extravagantes, amasadas probabelmente polos faraóns do Imperio Novo nas súas expedicións ao sul nos amplos territorios de Kush (no norte do actual Sudán) e ao norte, na Palestina, Fenicia e Siria. Boa parte das áreas palaciegas e residencias da cidade ainda non foron excavadas. N'A Ilíada de Homero o calificativo é "Tebas, a das cen portas" e cóntase que cen carros podían pasar simultaneamente por cada unha delas e que as súas riquezas só as superaban en número os graos de area dos arredores. A cidade estaba baixo a advocación da tríada de deuses Amón, Mut e Khonsu

Na época dos faraóns menfitas, Tebas era unha vila pequena xa relacionada cun misterioso deus Amón, mais especialmente co deus da guerra Montu, cuxos templos marcaban os limites do territorio da cidade. Tebas ascendeu politicamente a mediados do II Milenio, coa X dinastía grazas aos seus éxitos militares. Durante a XI dinastía, Mentuhotep I logrou reunificar o Alto e o Baixo Exipto, desde a desembocadura do Nilo até Elefantina, na Primeira Catarata. Durante a XII dinastía, Temas dominou todo o curso inferior do Nilo a partir da Segunda Catarata.

Cando os hicsos tomaron o poder en Exipto, realmente non lograron controlar o val do Nilo e Tebas mantivo a súa autonomía e influencia sobre os principados limítrofes. As catro dinastías de faraóns posteriores (da XVII á XX, o Imperio Novo), expulsaron definitivamente aos hicos de Exipto, iniciaron unha decidida política expansionista cara o norte e cara o sul e colocaron a Tebas no control do país. Durante estes seis séculos a cidade atinxíu un esplendor inigualábel. Ademáis dos botíns de guerra, comercíabase co Golfo Pérsico através da rota de Coptos, coa África intertropical ao sul e probabelmente co Sahara seguindo as rotas dos oasis do deserto.

Ramsés II e os seus sucesores tiveron que fortalecer as cidades do delta, máis expostas a invasións, o que propiciou co tempo a aparición de dinastías novas, que acabaron dominando o país, como as procedentes das cidades de Tais, Bubastis e Sais entre a XXI e a XXIV dinastías.

A XXV dinastía era de orixe etíope e, ainda que lle concederon a Tebas un papel relevante, xa Exipto perdera para sempre a súa autonomía. Os asirios invadíronno en 672 a.C., Tebas foi saqueada por Assarhaddon e máis tarde por Assurbanipal.

A comezos da época romana (século I a.C.) xa só ficaban as grandiosas ruínas, visitadas xa daquela (por Xermánico, entre outros). Cando o emperador romano Teodosio publicou o seu edito, clausurando definitivamente todos os templos pagáns, os de Tebas foron expoliados polos cristiáns, que aproveitaron para decorar as súas igrexas. Curiosamente, moitos relevos teñen chegado até hoxe grazas á camada de xeso cos que foron censuradas o que os cristián consideraban imaxes sacrílegas.

[editar] O Luxor moderno

Na marxe oriental encóntranse:

  • O Templo de karnak, o maior dos templos do antigo Egipto cuxos vestixios chegaran até nós, foi dedicado á tríada tebana divina de Amon, Mut e Khonshu, e foi sucesivamente aumentado polos diversos faraóns, tendo levado mais de mil anos a construir. Constitúe unha mescla de varios templos fundidos nun só. O seu grande destaque é a Grande Sala Hipóstila, cuxo teito era soportado por 134 enormes columnas, ainda actualmente existentes, e consideradas como as maiores do mundo.
  • O Templo de Luxor, foi iniciado na época de Amenhotep III e só foi acabado no período musulmano. É o único monumento exipcio que contén en si mesmo documentos das épocas faraónica, greco-romana, copta e islámica, con nichos e frescos coptas e até unha mezquita(Abu al-Haggag).
  • Museu de Luxor, é un belo e interessante museo ainda que pequeno. Foi inaugurado pelo ex-Presidente francés Valéry Giscard d'Estaing en 1974. Posúe unha importante colección de todas as épocas do Exipto Antigo. Unha sala aberta recentemente contén as últimas descobertas arqueolóxicas do Templo de Luxor.

Na marxe occidental encóntranse:

Globos aerostáticos sobre Luxor
Agrandado
Globos aerostáticos sobre Luxor
  • O Val dos Reis, principal necrópole real do Imperio Novo do antigo Egipto, posúe 62 túmulos dos faraóns dese período. Ainda hoxe se continúan a retirar xóias dos túmulos dos fillos de Ramsés II. Os túmulos existentes desígnanse polas siglas KV (Kings Valley, "Val dos Reis" en inglés) seguidas de un número, sendo este atribuído consoante a orde cronolóxica da descoberta de cada túmulo. No total existen 62 túmulos, sendo o máis afamado precisamente o número 62, o do faraón Tutancamon, máis polo espolio do achado do que porventura a súa relevancia histórica. En 1994 os arqueólogos comezaron a escavar o túmulo KV5, considerado pouco importante até entón. Encontrouse o túmulo maior e máis complexo do Vale dos Reis. Xúlgase ter encontrado o túmulo dos 52 fillos de Ramsés II. Até agora foron descobertos unha sala con 16 columnas, varios corredores e máis de 100 cámaras. Apesar de non teren sido encontrados tesouros, foron no entanto recuperados do entullo millares de artefactos. Os traballos arqueolóxicos, ainda lonxe do fin, prolongaránse por varios anos antes de se abrir o túmulo ao público.
  • O Val das Raíñas, onde se destacan os túmulos do Príncipe Amenkhepchef, da Raíña e o da Raíña , esposa de Ramsés II. Este último foi aberto ao público en 1995. No entanto, a entrada neste túmulo está actualmente vedada ao público para conservación dos hieróglifos, recentemente restaurados. Este túmulo dispón de algúns dos hieróglifos exipcios mellor conservados e máis coloridos.
Templo mortuario da Raíña Hatshepshut
Agrandado
Templo mortuario da Raíña Hatshepshut
  • O Templo mortuario da Raíña Hatshepshut ten un estilo arquitectónico único. Foi proxectado e construído por Senenmut, arquitecto da Raíña Hatshepsut. Esta Raíña da XVIII dinastía gobernou como un autêntico faraón, sendo así considerada a primeira muller chefe do goberno da historia. Este templo constitúe unha visión impressionante, tendo sido tallado parcialmente na rocha, e a visión do mesmo fúndese na grandeza da encosta calcárea que lhe serve de apoio. O templo foi posteriormente alterado por Ramsés II e polos seus sucessores, e máis tarde os cristiáns transformáronno nun mosteiro (daí o nome Deir al-Bahri, que significa "Mosteiro do Norte"). Próximo ao templo principal sitúanse as ruínas do Templo de Montuhotep II, faraón da XI dinastía que unificou o Exipto, e o Templo de Tutmosis III, sucesor da Raíña Hatshepsut.
  • O Val dos Nobres, contén varios túmulos; as paredes destes túmulos están decoradas con escenas da vida cotidiana. As mais famosas son as dos túmulos de Ramose, de Najt e de Mena.
  • O Templo de Medinet Habu, tal como o Templo de Karnak, este Templo é comprendido por varios outros templos, a comezar pelo Ramsés III.

Categoria:Cidades do Egipto.

  • O Rameseum, templo memorial de Ramsés II.
  • Deir al-Madinah, a aldea dos traballadores.
  • Os Colosos de Memnon, templo memorial de Amenofis III.

O 17 de novembro de 1998, terroristas islámicos da Al-Gama'a al-Islamiyya masacraron 58 turistas estranxeiros e catro exipcios na marxe occidental no exterior do Templo de Hatshepsut (e foron eles mesmos mortos pola policia). A industria turística exipcia resentíuse deste ataque.

THIS WEB:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007:

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - be - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - closed_zh_tw - co - cr - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - haw - he - hi - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - ms - mt - mus - my - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - ru_sib - rw - sa - sc - scn - sco - sd - se - searchcom - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sq - sr - ss - st - su - sv - sw - ta - te - test - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tokipona - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia 2006: