Kittilä
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kittilä é un municipio de Finlandia situado na provincia de Laponia, que goza de sona por ser un lugar turístico.
O municipio conta cunha poboación de 5.820 habitantes (2003) e exténdese nunha área duns 8.260,68 km², dos cales 153,85 km² son auga. A densidade de poboación é de 0,7 habitantes por km². En Kittilä atópase unha das máis coñecidas estacións de esquí de Finlandia, Levi.
O 5 de xuño de 2006 anunciouse que unha corporación mineira canadiana, Agnico-Eagle Mines, abriría unha nova mina de ouro en Kittilä. Cando estea rematada ha ser a mina de ouro máis grande de Europa. Os expertos pensan que os depósitos conteñen polo menos tres millóns de onzas de ouro puro. Espérase que a mina produza ao redor de 150 onzas de ouro ao ano, durante 13 anos, polo menos.
O Aeroporto de Kittilä está operado polas compañías aéreas Finnair e FinnComm.