Heinrich Böll
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Heinrich Theodor Böll (Colonia, 1917 – 1985) foi un dos escritores alemáns máis importantes do século XX. Premio Nobel de Literatura 1972.
Böll naceu en Colonia, no seo dunha familia católica liberal e pacifista, educado nun colexio católico, conseguiu eludir a entrada nas Mocidades Hitlerianas nos anos 1930s. Traballou como axudante de libreiro e en 1939 matriculouse en filoloxía alemá na Universidade de Colonia, pero o comezo da Segunda Guerra Mundial impediu a realización os seus estudos ao ter que servir coa Wehrmacht, participou en accións militares en Francia, Romanía, Hungría e a Unión Soviética, ferido catro veces antes de ser capturada polos americanos en abril de 1945 e enviado a un campo de internamento.
Publicou a súa primeira novela, Der Zug war pünktlich, en 1949. Böll Böll forma parte do Grupo 47, no que tamén están Günter Grass ou Ingeborg Bachmann. As súas obras máis coñecidas son Billard um halb zehn, Opinións dun pallaso. As súas primeiras novelas tratan da consecuencia da guerra e dos seus efectos materiais e psicolóxico para o alemán corrente, traducido a máis de 30 linguas, é un dos autores alemáns máis lidos internacionalmente.