Gladius
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gladius é a forma latina para espada; actualmente coñécese con ese nome a espada corta dos lexionarios romanos. Tiña borde recto, con dous gumes, e uns 40-50 cm de lonxitude de folla. Era moito máis unha arma de perforación que de corte, ou sexa, debía ser utilizada como un puñal, ou unha adaga, no combate corpo a corto. Dise que era capaz de perforar a maior parte das armaduras.
Tamén se chamou gladius hispaniensis, por ter sido inspirado en armas utilizadas polos celtíberos na época.
Na República e comezos da época imperial levábase no lado dereito, pero a partir do século II d.C. as espadas usadas pola infantería fóronse alongando e cambiouse para o lado esquerdo. Non só os lexionarios eran adestrados polos doctores armorum na técnica do gladio, mais tamén os gladiadores.