Frank Lloyd Wright
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Frank Lloyd Wright, arquitecto estadounidense, pai da arquitectura moderna nese país, e gran influinte en tódo-los demais arquitectos mundiais. Díxose del que era como un "ave fénix", e moi merecido tiña o alcume, pois tiña a capacidade de cando estaba acabado, por unha ou outra razón, renacía das súas cínzas, e lograba a gloria de novo.
[editar] Vida
Frank Lloyd Wright naceu o 8 de Xuño de 1867 en Richland Center, (Wisconsin) no seo dunha humilde familia. A infancia de Frank foi tormentosa, po-las desavenencias entre a súa nai Anna Lloyd-Jones e seu pai, William Carey Wright. O pai marchou da casa, algo que Frank nunca lle perdoaría, chegando incluso a troca-los apelidos.
Durante 3 anos estudiou na Universidade de Wisconsin, Enxeñería, a vez que traballaba de deliñante. Como isto era pouco pra el, máis tarde traballou co prestixioso estudio: sullivan, facendo proxectos de vivendas. Máis adiante, comezou po-la sua conta no barrio de Oak Park, as aforas de Chicago, ó comezo cun socio, inda que logo comezaría xa a sua extraordinaria e fértil andaina no mundo da arquitectura e da lenda.
Morreu o 9 de Abril de 1959, na mésma época que todo-los grandes mestres da arquitectura moderna.
[editar] Antecedentes
O redor de 1900, no periodo de 1895 a 1905, a arquitectura dos Estados Unidos era unha mezcolanza de estilos eclécticos, sen que de ningunha maneira tiveran relaçón coas ideas e os ideales da naçón. En dita época, considerábase como arquitectura o levar a práctica modas e estilos sen relación coas técnicas de contrução, fenómeno chamádo eclecticismo. Pero por outro lado, era tamén unha época na que toda a industria da construcción estaba experimentando transformaçons revolucionarias. Aparecían novos materiais de construção, o mesmo tempo que se desenrolaban novos métodos de transformaçon pra os materiais antigos. Sin embargo, a arquitectura que realmente se levaba á práctica naquel tempo, pouco ou nada reflectía estos novos métodos e materiais.
A gran exposición de Chicago de 1893, a Columbian Exposition, foi un bo exemplo desta situación. Por un lado, Louis Sullivan puido afirmar que esta exposición "facía retrocede-la arquitectura norteamericana nalmenos 50 anos", por por outro lado, Daniel Burnham, o arquitecto de moda no Chicago daquel tempo, alabou a exposición, por seren, na súa opinión un exemplo do que lles gustaría construir os norteamericanos. Cando isistíu a Wright pra que visitara a [[Beaux-Arts de París ]], lle dixo: "Frank, isa exposición, vai ter grande influenza no noso país. Por primeira vez, os norteamericáns han visto as obras clásicas a grande escala". O xoven arquitecto, que acababa de abri-lo seu estudio co encargo pra a casa de William Winslow (da que Burnham diría: "unha verdadeira casa de gentleman, dende os cimentos ata a albardiña", repuxo: "no, pois tamén está Louis Sullivan...e si John Root todavía vivera, non creo que pensara coma tí. Richardson, dende logo que non". Burnham seguiu argumentando: "Frank, a exposición habriache feito ver que si bem Sullivan e Richardson son certamente bos no seu estilo, tal non conseguirá impoñerse...a arquitectura está a tomares outra dirección". E naturalmente que así foi. Non está exento de certa ironía o feito que este desastre arquitectónico de 1893 coincida coa data na que F.L.Wright abría no Chicago o seu estudio, despóis de haber traballado durante case sete anos no de Adler e Sullivan.