Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Florida - Wikipedia

Florida

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Florida
State of Florida
Bandeira de Florida Selo de Florida
Lema: Everglade State; Sunshine State
Mapa dos EUA coa Florida en destaque
Outros Estados dos EUA
Capital Tallahassee
Maior cidade Jacksonville
Gobernador Jeb Bush
Lingua oficial Inglés
Área 170 451 km² (22º maior)
 - Terra 137 374 km²
 - Auga 30 486 km² (17,9%)
Poboación (2000)
 - Poboación 15 982 378 (4º máis populoso)
 - Densidade 114,43 /km² (8º máis denso)
Entrada na Unión
 - Data 3 de marzo de 1845
 - Orde 27º
Fuso horario Atlántico: UTC-5/-4

Central: UTC-6/-5

Latitude 24°30'N - 31°N
Lonxitude 79°48'O - 87°38'O
Largo N-S 800 km
Ancho E-O 260 km
Altitude
 - Altitude media 30 m
 - Punto máis elevado 105 m
 - Punto menos elevado 0 m
Abreviacións
 - USPS FL
 - ISO 3166-2 US-FL
Ligazón externa www.myflorida.com

Florida é un estado norteamericano, o estado máis meridional dos 48 estados nos Estados Unidos continental. Limita, ao norte co estado de Alabama e Xeorxia e ao sur co Estreito de Florida, polo cal fai fronteira con Cuba e Bahamas.

A Florida foi inicialmente explorada e colonizada pola España. Os españois descubriron a Florida na estación da Pascua, que se chama Pascua Florida en español, de aí o nome do estado. A Florida foi controlada polos españois ata 1819, cando foi anexionada polos Estados Unidos.

Índice

[editar] Historia

[editar] Ata 1763

Anteriormente á exploración e colonización europea, os nativos indíxenas como os calusa e os tequesta xa vivían na rexión, tendo habitado a rexión por varios milleiros de anos. Adicábanse á pesca e mais a caza. Os apechee facían uso da agricultura para alimentación.

O primeiro europeo en explorar a rexión foi Ponce de León, que desembarcou na Florida en 1513, algúns días despois do Venres Santo. Algúns historiadores din que León procuraba unha suposta "fonte da xuventude", nunha illa chamada Bimini, que supostamente estaría localizada ao norte de Cuba. León inmediatamente reivindicou as terras en nome da Coroa española, e nomeou a rexión como La Florida, en honra á Pascua Florida. El inmediatamente voltou para a España. A corte española enviou a León novamente á Florida para iniciar a colonización da rexión, mais morreu nunha batalla contra nativos calusas.

Posteriormente, en 1528, o español Pánfilo de Narváez liderou unha expedición, composta por algunhas centenas de soldados, no sur da Florida. Narváez procuraba riquezas, tais como metais preciosos. Mais as loitas constantes contra nativos indíxenas, doenzas, fame e tempestades finalmente mataron todos os membros da expedición. En 1539, o español Hernando de Soto desembarcou na actual Baía de Tampa e, desde alí, liderou unha expedición polo sur dos Estados Unidos, alcanzando o Río Mississippí en 1541 - o primeiro europeo en facer isto.

Vista das cinco bandeiras que están alzadas en St. Augustine - o asentamento europeo nos Estados Unidos continental máis antigo da historia do país - desde 1865: A bandeira dos Estados Unidos da América, a bandeira dos Estados Confederados da América, a bandeira da España, a bandeira do Reino Unido e a Cruz de Burgundia, símbolo real do Rei de Filipe I de Castela.
Agrandado
Vista das cinco bandeiras que están alzadas en St. Augustine - o asentamento europeo nos Estados Unidos continental máis antigo da historia do país - desde 1865: A bandeira dos Estados Unidos da América, a bandeira dos Estados Confederados da América, a bandeira da España, a bandeira do Reino Unido e a Cruz de Burgundia, símbolo real do Rei de Filipe I de Castela.

Os españois pasaron a iniciar seriamente a colonización da Florida en torno da década de 1560 - ao saberen que franceses protestantes (chamados de hugonotes) habían fundado un asentamento próximo á actual Jacksonville. Soldados españois liderados polo capitan Pedro Hernández de Avilés fundaron un asentamento chamado Santo Augustine, o primeiro asentamento europeo permanente no actual territorio dos Estados Unidos da América. Os españois destruíron as forzas francesas, e os colonos franceses remanecestes foron obrigados a recuar.

Nos próximos 200 anos os españois colonizaron escasamente a rexión - soamente facéndoo por causa da súa localización estratéxica e como fonte de materias primas básicas para España e mailas súas colonias, unha vez que non dispuña de riquezas cobizadas polos españois. Estes tentarían tamén asimilar os nativos indíxenas á cultura europea. Os franceses continuarían a colonizar terras á oeste da Florida, a través da colonia de Luisiana, entón parte da Nova Francia. Mentres tanto, os ingleses e as súas 13 colonias prosperaban e medraban, logo ao norte da Florida e á leste da Nova Francia. Co comezo da guerra franco-indíxena, a meiados da década de 1750, entre os franceses e os británicos, España decidiu aliarse coa Francia. Sen embargo, en 1762, os ingleses tomaron Cuba, que entón, prosperaba como unha grande productora de cana de azúcar. No ano seguinte, co fin da guerra, os españois, no Tratado de París, decidiron ceder a Florida para retomar o control de Cuba.

[editar] 1763 - 1845

O control británico sobre a Florida durou 20 anos. Eles dividiron a colonia en dúas, unha chamada Florida Occidental e outra Florida Oriental. Coa Revolución Americana de 1776, os españois aliaronse cos colonos rebeldes contra o Reino Unido. Os españois invadiron a Florida Occidental en 1781, e o Reino Unido cedeu toda a Florida para a España dous anos despois, ao fin da guerra.

Sen embargo, as relacións entre a España e os recén formados Estados Unidos da América logo se deterioraron. Varios asentadores norteamericanos, ben legal ou ilegalmente, pasaron a colonizar a rexión nordeste da Florida. Unha rebelión destes asentadores no 1812 foi extinguida polos españois. No mesmo ano comezou a guerra anglo-americana, entre os Estados Unidos e a Inglaterra. A España ficou neutral durante a guerra, mais permitiu aos británicos o uso do porto de Pensacola, en Florida, o que enfureceu a opinión pública norteamericana. Despois do fín da guerra, os Estados Unidos invadiron a Florida dúas veces, a primeira vez en 1814 e a segunda, na primeira guerra de seminole. Polos termos do Tratado de Adams-Onis, realizada en 1819, a España cedía a Florida aos Estados Unidos. Moitas persoas pensan erroneamente que os Estados Unidos compraron a Florida. De feito, o goberno norteamericano pagou 5 millóns de dólares, mais non ao goberno español, e si, para cidadáns norteamericanos que tiveran propiedades damnificadas por causa da guerra.

A Florida pasou oficialmente ao control norteamericano en 1821, tornándose un territorio dos Estados Unidos da América. No ano seguinte, o Congreso norteamericano criou oficialmente o Territorio de Florida, e William Dval tornouse o primeiro gobernador da Florida. Rapidamente, millares de asentadores comezaron a instalarse na rexión, grazas ás súas óptimas condicións climáticas e ao seu chan fértil, que permitía a cultivo de varios produtos agrícolas difíciles de cultivarse noutros estados, tais como algodón, por exemplo, onde escravos facían todo o traballo pesado. A economía do territorio prosperou.

Este rápido asentamento norteamericano encontrou eventualmente un obstáculo: os nativos indíxenas. Os nativos seminole vivían nas áreas cuxo solo era o máis fértil do país. O goberno norteamericano ofreceu aos seminole terras localizadas á oeste do Río Mississippí, e algúns aceitaron a oferta do goberno norteamericano, mentres outros recusaron sair da rexión, desencadeando así a segunda guerra de seminole, que ocorreu entre 1835 a 1842, cando os seminoles foron derrotados e forzados a se mudaren para reservas indíxenas nos remotos territorios do oeste norteamericano. Algúns destes indíxenas conseguiron escapar, fuxindo polos pantanos da rexión, continuando a morar no territorio, desta vez, segregados en cidades.

En 1839, a Florida pediu ao Congreso norteamericano que fose elevado ao rango de estado, como un estado escravista. A Unión, querendo un equilibrio entre o número de estados abolicionistas e de estados escravistas, esperou ata 3 de marzo de 1845, cando a Florida se converteu oficialmente nun estado dos Estados Unidos da América. Ao ano seguinte, Iowa tamén foi elevado á categoría de estado, como un estado abolicionista.

[editar] 1845 - 1870

En 1860, Abraham Lincoln, un defensor do abolicionismo - foi elixido presidente dos Estados Unidos da América. A Florida e outros estados escravistas - cuxas economías dependían do traballo escravo - decidiron saír da Unión e formar un novo país, os Estados Confederados da América. O 10 de xaneiro de 1861, a Florida anunciou oficialmente a súa secesión da Unión, logo xuntándose á Confederación. A Guerra da Secesión axiña comezaría.

A Florida, gran produtora de algodón, era unha das principais fontes de renda da Confederación - as industrias téxtiles de varios países europeos como a Francia e a Inglaterra dependían do algodón norteamericano, e a gran maioría deste era producido na Florida. Sen embargo, a Unión efectuou un inmediato bloqueo por mar do estado, así impedindo a calquera embarcación de ir ou saír de augas pertencentes á Confederación. Alén diso, a través de sucesivas invasións por mar, a Unión tomou o control de varias cidades costeiras da Florida e dos seus centros portuarios. Sen embargo, o interior da Florida aínda permanecería baixo control confederado - especialmente despois da Batalla de Olustee, realizada en 20 de febreiro de 1864, sendo a única grande batalla da guerra realizada no estado, onde tropas confederadas tiveran vitoria contra forzas unionistas. Na Batalla de Natural Bridge, os confederados conseguiron defender con suceso a capital do estado, Tallahasee. Esta e Austin, a capital do Texas, foron as únicas capitais de estado confederado que non foron capturadas pola Unión ata o fin da guerra.

Despois do fin da guerra, en xuño de 1865, todos os estados da confederación, incluíndo a Florida, foron ocupadas por forzas norteamericanas, baixo a categoría de estados. A Florida, para ser readmitida novamente como estado da Unión, aboliu oficialmente a escravitude, en 1866, e en 1868, o goberno da Florida garantiu dereitos civís a todos cidadáns, así sendo readmitida á Unión no mesmo ano.

[editar] 1870 - 1950

A década de 1880 e de 1890 foron de grande prosperidade para a Florida; descubríronse grandes depósitos de fosfato, parte dos grandes pantanos localizados no estado foron drenados (aínda que moitos continúen intactos ata hoxe) e unha gran malla ferroviaria foi construída ao longo do estado. Alén diso, varios facendeiros da rexión notaron que as condicións climáticas e do solo da rexión favorecían o cultivo da laranxa, entón unha froita cuxa demanda estaba en crecemento no país. A laranxa foi cultivada en grandes números, a tal punto que o estado foi ao longo da primeira metade do século XX a maior produtora de laranxa do mundo. Alén diso, o clima suave e a xeografía da rexión, con varias praias, atraeu favoreceu o crecemento do turismo, e escomezaronse a construír gran cantidade de hoteis. O estado tornouse un dos principais pólos turísticos do país.

En 1906, os pantanos en torno de Fort Lauderdale foron drenados, dando espazo para o cultivo de plantacións e a expansión da cidade - especialmente a construción de hoteis. O sector inmobiliario do estado, considerado unha máquina de xerar diñeiro no país, atraeu varios investidores inmobiliarios, aínda na década de 1900. A poboación do estado medrou drasticamente nas próximas dúas décadas.

Este período de gran desenvolvemento económico acabou repentinamente en 1926. Unha grande depresión económica atinxiu o estado, causando caída de empresas e desemprego. No mesmo ano e en 1928, dous furacáns alcanzaron o estado, matando varias centenas de persoas. A pesar de que a economía do estado se recuperara parcialmente de 1926 a 1928, en 1929, a Gran Depresión colleu en cheo todo o país, quebrando a xa fráxil e debilitada economía do estado. Varias medidas tomadas a nivel federal, gobernamental, municipal e privado axudaron a combater os efectos das depresións económicas. Foron construídas fábricas de papel e á delimitación de reservas forestais. O estado e o país proveron centenas de postos de traballo nos sectores de construción e de minas, e axudaron os facendeiros a pagaren as súas débedas. A economía do estado recuperarase en gran parte en 1942, cando os Estados Unidos entraron oficialmente na segunda guerra mundial - mesmo coa ocorrencia de dous grandes furacáns que devastaron moito do estado en 1935 e en 1941.

Ao longo da segunda guerra mundial, a Florida, pola súa localización próxima ao Canal do Panamá e do Océano Atlántico, tornou o estado vital, de grande importancia estratéxica, para a defensa do Hemisferio Occidental. Varias bases aéreas, navais e terrestres foron construídas no estado.

[editar] 1950 - 1970

A localización meridional do estado propicia o lanzamento de foguetes. Aquí, lanzamento do transbordador espacial Discovery.
Agrandado
A localización meridional do estado propicia o lanzamento de foguetes. Aquí, lanzamento do transbordador espacial Discovery.

Despois do fin da guerra, a poboación da Florida novamente entrou nun período de gran crecemento. O turismo tornouse a principal fonte de renda do estado, a Florida continuaba a ser a maior produtora de laranxas do mundo, e a crecente industria de manufactura - especialmente na fabricación de produtos químicos, electrónicos e navíos - tornaron a economía do estado forte e altamente diversificada. A poboación do estado pasou a medrar de novo dabondo, grazas ao desempeño da economía estatal e do desenvolvemento do sistema viario e da tecnoloxía da refrixeración, así, atraendo habitantes do norte en dirección ao sur.

Dado a ser o estado máis próximo da liña do Ecuador, a Florida tornouse o centro de lanzamentos de foguetes dos Estados Unidos. O Cabo Canaveral, o punto máis meridional dos Estados Unidos continental, foi escollido como base de lanzamentos de foguetes da NASA. Realizáronse varios lanzamentos de proba entre 1949 ata 1957. Entre os lanzamentos salientables están o lanzamento do primeiro satélite artificial norteamericano en 1958, o primeiro voo espacial cun tripulante a bordo en 1961, e o primeiro voo espacial levando astronautas á lúa, na famosa misión Apolo XI, en 1969. Xa na década de 1960, Cuba pasou a ser un país comunista. Bastantes cubanos fuxiron do país, instalándose principalmente en Miami.

Como en varios estados norteamericanos - especialmente nos estados suristas - a Florida era un estado altamente segregacionista. En 1954, a Corte Suprema dos Estados Unidos da América xulgou inconstitucional a segregación de estudantes brancos e negros en escolas públicas. Á época, a Florida non permitía que estudantes brancos e negros estudasen nunha mesma escola. O proceso de integración educativo foi moi lento, tendo terminado apenas no comezo da década de 1970.

No fin da década de 1960, a Florida iniciou un plano co obxectivo de expandir o sistema de educación superior estatal, para atender ás futuras demandas da industria aeroespacial. Catro universidades públicas, 15 novas faculdades públicas e varias institucións de educación superior privadas foron construídas. No inicio da década de 1970, outra faculdade e unha nova universidade foron inauguradas no estado.

[editar] 1970 - 2000

A poboación da Florida continuou a medrar moito durante a década de 1970 - entre 1970 e 1980, a poboación do estado medrou en torno ao 44%. O crecemento diminuíu entre 1980 e 1990, mais aínda así permaneceu alta - 33%. En 1971, a Walt Disney World Entertainment Center foi construída próxima en Orlando, o que estimulou bastante o crecemento da cidade, tornándoa o centro de maior crecemento económico do estado durante a próxima década. Entre 1980 e 1986, o número de empregos no estado creceu en torno de 25%, nos sectores de manufaturación, electrónicos, turismo e finanzas. O notable fortalecemento do sector financeiro no estado tornou a súa economía aínda máis diversificada.

Sen embargo, o gran desenvolvemento da poboación - xerada, en gran parte, pola migración de puerto riqueños e pola inmigración legal e ilegal de cubanos, haitianos e outros hispanos - trouxo varios problemas ao estado. Entre 1970 e 2000, máis de cen mil cubanos e haitianos inmigraron. Moitos destes non posuían educación adecuada, e a gran maioría deles pasaron a vivir na pobreza no país, causando problemas en sectores públicos e privados como na educación, saúde e abastecemento sanitario.

A drenaxe de pantanos, construción de canais e o desvío de curso de ríos pasaron a atopar maior resistencia por parte de conservadores naturais. En 1960, un canal foi construído para reducir o curso do Río Kisimmee ao lago Okeechobee. Isto, sen embargo, aumentou a carga de algas microscópicas transportadas polo río, así, ameazando todo o ecosistema do lago. En 1983, o goberno do estado decidiu retomar o río Kisimmee ao seu antigo curso. As obras tiveron inicio en 1989, e están planeadas para terminaren no 2010.

Entre 1982 e 1985, moitas das plantacións de laranxa do estado destruíronse por saraibas e pestes como fungos e gafañotos, A Florida perdeu o posto de maior produtora de laranxas do mundo para o estado brasileiro de Sao Paulo. Mesmo así, o estado continua a ser a maior produtora de laranxas na América do Norte, e a segunda maior produtora de laranxas do mundo.

A década de 1990 estivo marcada por unha serie de desastres naturais. En 1992, o Furacán Andrew abateuse sobre o estado. Un dos maiores desastres naturais dos Estados Unidos, o furacán Andrew matou 54 persoas, deixou 250 mil desabrigadas e causou preto de 22.000 millóns de dólares en prexuízos. En 1998, nun dos maiores incendios forestais da historia dos Estados Unidos, aproximadamente 200 mil hectáreas de floristas, facendas e mesmo algunhas áreas urbanas foron destruídas. Cerca de 370 casas e predios foron destruídos, e foron necesarios a axuda de bombeiros vidos de 46 estados norteamericanos para extinguir definitivamente estes incendios.

En 2000, a Florida tornouse foco das eleccións presidenciais norteamericanas de 2000. Foi aquí onde se decidiu o presidente norteamericano, o republicano George W. Bush. O outro candidato era o demócrata Al Gore.

No verán de 2004, a Florida novamente foi abatida por unha serie de furacáns - das cales a máis devastadora foi o Furacán Ivan. Esta serie de furacáns abalou seriamente a industria do turismo do estado, e causou miles de millóns de dólares en prexuízos e danos, alén da morte de varias decenas de persoas.

[editar] Xeografía

Mapa da Florida.
Agrandado
Mapa da Florida.

A Florida é unha península, cercada por tres lados - sur, leste e oeste - polo Océano Atlántico. Ao sur e a oeste, localizase o Golfo do México. A Florida limitase ao norte cos estados de Xeorxia e Alabama. Como veciños ao sur inclúense as Bahamas e Cuba.

A altitude da Florida é moi baixa. Xeograficamente, o estado é dominado por grandes planicies. O punto máis alto do estado é Britan Hill, cos seus 105 metros de altura. Este monte é o menor punto máis alto de calquera estado norteamericano.

A Florida é caracterizada pola grande presenza de lagos e ríos, que espállanse por todo o estado. O Río St. Johns é o río máis longo do estado, cos seus 443 quilómetros de lonxitude. O Lago Okeechobee é o maior lago do estado, cos seus 1,760 quilómetros cadrados. Tamén é o maior lago localizado totalmente dentro dos Estados Unidos da América (o maior é o Lago Michigan). A Florida posúe preto de 30 mil lagos e laguiños. Alén diso, 17 grandes pozos artesianos e varias centenas de pequenos pozos espállanse por todo o estado. Un destes pozos, o Wakulla Springs, posúe unha profundidade de 56 metros. As augas de algúns destes pozos son tan claras que pódese ver claramente o contido do pozo ata unha profundidade de aproximadamente 25 metros. Varios pantanos espállanse polo sur e polo leste do estado, onde crocodilos son moi comúns.

O litoral oceánico da Florida posúe 2,173 quilómetros de extensión - O litoral do estado ao longo do Golfo do México posúe 1,240 quilómetros e 933 quilómetros ao longo do Océano Atlántico. Este total sobe a 5,361 quilómetros no Golfo do México e 8,271 quilómetros ao longo do Océano Atlántico, cando se inclúen lagos, baías e illas.

[editar] Clima

Vista do Sol en Daytona Beach. Os días constantes de Sol fixeron que o estado fose apelidado de The Sunshine State.
Agrandado
Vista do Sol en Daytona Beach. Os días constantes de Sol fixeron que o estado fose apelidado de The Sunshine State.

O clima da Florida está influenciado pola súa proximidade a grandes corpos de auga - o estado é cercado polo Océano Atlántico por tres bandas. A maior parte do estado posúe un clima subtropical, co extremo sur do estado posuíndo un clima tropical. A Florida posúe en media preto de 300 días de sol anualmente - de aí o seu apelido, The Sunshine State (O Estado do Sol Brillante). As estacións do ano no estado chámanse ás veces "quente e máis quente", máis en referencia ás precipitacións que ás temperaturas. A Florida posúe dúas estacións definidas: invernos relativamente secos e suaves, e veráns quentes e húmidos. A corrente quente do Golfo posúe un efecto moderador no estado, nos días de inverno, e aumentando as temperaturas no verán. As temperaturas máximas acostuman superar os 35 °C (os 40°C tendo en conta a sensación térmica pola humidade).

A Florida é o estado norteamericano coa maior precipitación media anual do país, por causa das tempestades que acostuman ocorrer polas tardes na primavera, verán e outono. Estas tempestades poden ocorrer repentinamente, mesmo nun día moi soleado. O contrario tamén vale, e moitas veces, un día, despois dunha tempestade, pode voltar un día soleado. Estas tempestades son causadas polas correntes de ar do Golfo do México e do Océano Atlántico, que coliden sobre a península, traendo choiva, saraiba e tempestades, moitas veces de forma repentina, ben como ventos e ás veces tornados. A Florida é alcanzada por trebóns máis do que calquera outro estado norteamericano, e tamén posúe máis tornados por quilómetro cadrado.

A neve é moi rara. En 1899, a Florida foi atinxida por unha tempestade de xelo, posibelmente pola primeira vez na súa historia. Esta tempestade tamén rexistrou as temperaturas máis baixas xa rexistradas na historia do estado: -19°C, en 13 de febreiro, en Tallahasee. A maior precipitación de neve da historia do estado aconteceu en febreiro de 1978, cando a neve caeu en varias partes do estado en diferentes ocasións do mes, estendéndose ata o extremo sur do estado. Nesta ocasión a neve caeu por primeira e única vez na historia de Miami .

Vista de satélite do Furacán Ivan. A Florida é atinxida, en media, unha vez por ano por furacáns.
Agrandado
Vista de satélite do Furacán Ivan. A Florida é atinxida, en media, unha vez por ano por furacáns.

Os furacáns son unha ameaza en verán e inverno. A Florida sufriu unha gran destrución no 2004, cando foi atinxida por 4 furacáns: Charley o 13 de agosto, Frances o 4 de setembro, Ivan o 16 de setembro e Jeanne o 25 de setembro e 26 de setembro. Os catro causaron xuntos un prexuízo de 42 000 millóns $ para o estado. En 2005, o furacán Dennis tornouse o quinto furacán a abater a Florida en apenas 11 meses. Logo o Andrew, o 12 de agosto, causou a maior destrución nunha volta: 25 000 millóns $.

[editar] Goberno

A actual constitución da Florida entrou en efecto en 1969. Outras constitucións máis antigas entraron en efecto en 1839, 1861, 1865, 1868 e 1867. As emendas, mudanzas na Constitución, precisan ser aprobadas pola maioría do electorado, a poboación do estado. Antes desta emenda ir á votación, elas son criadas polo Poder Lexislativo do estado, e aprobadas por un mínimo de tres quintos dos membros da Cámara Lexislativa. Cidadáns tamén poden propor emendas, a petición –asinada- dun certo número de cidadáns.

O Poder Executivo consta do gobernador e polo tenente-gobernador (coa mesma función dun vicepresidente), que son electos pola poboación. A poboación escolle a través de eleccións estatais o gobernador e o tenente-gobernador. Ambos serven a mandatos de no máximo 4 anos de duración. Eles poden ser candidatos cantas veces quixeren, con todo, non poderán cumprir tres ou máis termos de oficio seguidos, aínda que tres ou máis termos son posibles caso haxa un espazamento de ao menos un termo entre diferentes termos. O gobernador da Florida escolle os oficiais do Gabinete, oficiais que presiden sectores públicos tais como transporte e educación, por exemplo. O termo destes oficiais non pode exceder 8 anos seguidos, aínda que poidan cumprir 9 anos ou máis se hai unha pausa entre diferentes termos.

O Poder Lexislativo da Florida consiste nun Senado composto de 40 membros e unha Cámara de Representantes con 120 membros. Os termos dos senadores son de 4 anos e os termos dos representantes son de 2 anos. Tanto os senadores canto os representantes non poden cumprir termos seguidos que excedan 8 anos de duración. O Poder Lexislativo posúe reunións regulares durante 60 días, nos meses de primavera - comezando a partir da primeira luns de marzo. Outras sesións especiais poden ser convocadas polo gobernador, por un acordo mutuo entre os líderes da Cámara do Senado e da Cámara dos Representantes, ou caso tres quintos dos membros do Poder Lexislativo queiran esta sesión especial. Nestas sesións - tanto nas especiais canto nas regulares - o goberno discute a criación de leis e modificacións de leis xa existentes, ben como posibles modificacións á actual constitución.

O Poder Xudiciario da Florida consta da "Corte Suprema de Florida". Todos os xuíces desta Corte son escollidos polo gobernador do estado, a termos de 6 anos de duración. O estado, alén diso, posúe 67 cortes rexionais (County Courts), espalladas polos diferentes condados do estado, e 20 cortes primarias (Circuit Courts), ben como 5 cortes de distrito (District Court). Os xuíces das cortes primarias e das cortes distritais son escollidos polo gobernador para mandatos de 6 anos de duración, e os xuíces das cortes rexionais, para mandatos de ata 4 anos de duración.

[editar] Subdivisións

A Florida está dividida en 67 condados diferentes. A maioría destes son gobernados por un consello formado por 5 membros, un de cada un dos 5 distritos na cal tais condados xeralmente son divididos. Os electores nun condado escollen un habitante de cada distrito para actuaren na comisión do condado. Algúns condados tamén posúen outros oficiais extras. En todo caso, todos os membros do consello do condado serven a termos de oficio cuxa duración é de 4 anos de duración. Os membros de tais consellos escollen un administrador, que preside baixo o consello.

[editar] Impostos

Impostos estatais xeran preto de 60% de todo o facturación anual da Florida. Os outros 40% veñen de provistos polo goberno federal. Un imposto xeral, que vale para todos os produtos vendidos no mercado (6.5% do valor do produto vendido), é responsable soa do 26% da facturación anual do estado. Condados e municipios tamén poden impor impostos aos produtos, de ata 0.5% do valor do produto vendido. Outros impostos inclúen impostos sobre gasolina, licenzas de vehículos e propiedade. A Florida é un dos nove estados norteamericanos que non cobran imposto de renda aos seus habitantes.

[editar] Demografía

Crecemento poboacional da Florida
Ano Habitantes
1830 34,370
1840 54,477
1850 87,445
1860 140,424
1870 187,748
1880 269,498
1890 391,422
1900 528,542
1910 752,619
Ano Habitantes
1920 968,470
1930 1,468,211
1940 1,897,414
1950 2,771,305
1960 4,951,560
1970 6,791,418
1980 9,746,421
1990 13,003,362
2000 15,982,378

O censo nacional de 2000 estima a poboación do estado en 15,982,378 habitantes, un crecemento de 24% en relación aos números de 1990. Apenas Nevada, Utah e a Xeorxia tiveran maior crecemento poboacional. A estimativa nacional de 2004 estima a poboación da Florida en de 17,397,161 habitantes.

[editar] Raza e etnias

  Brancos 65.4%
Hispánicos 16.8%
Afroamericanos 14.6%
asiáticos 1.7%
nativos indíxenas 0.3%
2 ou máis razas 2.4%

Os afroamericanos, que durante a época da escravitude (antes do1865) compuñan aproximadamente o 50% da poboación do estado, posúen maior presenza no norte e nas cidades de Jacksonville e Fort Lauderdale. Os nortistas que migraron para o estado son máis comúns no oeste, especialmente nos suburbios de Tampa. Habitantes de descendencia británica dominan o sur e o interior do norte do estado. A grande comunidade hispánica do estado consiste particularmente de cubanos en Miami, puerto-riqueños en Tampa e en Orlando e traballadores agrarios mexicanos no sur do estado.

[editar] Idiomas

Segundo o censo nacional de 2000, 76.9% da poboación do estado con 5 anos ou máis de idade falan inglés en casa, e 16.5% falan español. O francés é o terceiro idioma máis falado no estado, falado por 2.2% da poboación, seguido polo alemán e polo italiano.

[editar] Relixión

A maioría da poboación da Florida é protestante, mais o número de católicos está en crecente crecemento, por causa da inmigración de hispánicos (a grande maioría católicos). O estado tamén posúe algunhas comunidades xudías de grande porte, o que torna a Florida única entre os estados suristas - ningún outro estado surista posúe unha grande poboación xudeu.

  • Protestantes – 54%
  • Cristiáns – 26%
  • Xudeus – 4%
  • Outras relixións – 3%
  • Sen relixión – 13%

[editar] Maiores Cidades

Ver artigo principal: [[Lista de cidades da Florida]].
  • Jacksonville: 735,617 habitantes
  • Miami: 362,450 habitantes; 4.5 millóns vivindo na zona metropolitana
  • Tampa: 303,447 habitantes; 2.5 millóns na rexión metropolitana
  • San Petesburgo: 248,232 habitantes
  • Orlando: 200,000 habitantes; 1.8 millón na rexión metropolitana
  • Fort Lauderdale: 152,397 habitantes
  • Tallahasee: 150 mil habitantes (capital)

[editar] Economía

A economía da Florida é unha das maiores e en máis rápido crecemento de todo os Estados Unidos da América. O clima e os baixos impostos comerciais favoreceron a instalación de empresas no estado. O turismo e a agricultura, alén dun forte sector industrial de manufactura, fan a súa economía forte e diversificada. En 2003, o produto interno bruto foi de 0,55 billóns de dólares, e a renda per cápita, de 30,098 dólares.

O sector primario conforma o 2% do PIB. Os principais produtos primarios son laranxa, algodón, peixes e madeira. Outros produtos importantes son o tomate, a cana de azucre e a soia. O estado posúe preto de 45 mil facendas, que dan emprego a aproximadamente 262 mil persoas.

O sector secundario representa o 12% do PIB . Soamente a manufacturación responde por 7% do PIB, empregando a máis de 500 mil persoas. O sector da construción emprega a máis de 45 mil persoas, sendo o 5% do PIB. Alén diso, a minería tamén é importante, representando o 0.25% do PIB. Os principais recursos naturais son fosfato e petróleo. É un dos principais produtores de petróleo do país.

Cerca de 50 mil persoas traballan na fabricación de electricidade, que corresponde por 1.5% do PIB . O 40% da electricidade é producida por centrais de carbón, o 25% por centrais de petróleo, e o 20% por centrais nucleares e centrais de gas natural.

O sector terciario representa o 86% do PIB, presentes especialmente nas cidades de medio e grande porte. Cerca do 24% do PIB provén do turismo, servizos persoais e de pequenas empresas, que empregan a máis de 3 millóns de persoas. Aproximadamente 60 millóns de turistas procedentes doutras partes dos Estados Unidos da América, do Canadá, da América Latina e da Europa visitan o estado, atraídas polas súas praias, Disneylandia ou o Cabo Canaveral. O sector financeiro emprega a 627 mil persoas, e representa máis do 22% do PIB. Grandes redes de tendas empregan a 2 millóns de persoas, e representan o 19% do PIB. O goberno emprega a un millón de persoas, e os servizos públicos representan o 12% do PIB . Os transportes, comunicación e produción de enerxía responden do 8% do PIB, empregando a 350 mil persoas.

[editar] Educación

Vista da Universidade da Florida, en Gainesville.
Agrandado
Vista da Universidade da Florida, en Gainesville.

O investimento educativo per capita estudantil da Florida está entre os máis baixos nos Estados Unidos, a pesar de que os salarios dos profesores están na media nacional. Non obstante, moitas das escolas públicas do estado clasifícanse entre o 25% pior do país, en estudos que analizan a nota media dos estudantes. Débese notar, sen embargo, que varios destes estudos non posúen valor científicos, mais si, apenas meden prestixio. O actual gobernador da Florida, Jeb Bush, ten sido criticado por varios educadores do estado por un programa estatal aprobado polo seu goberno, que penaliza ás escolas cuxa media estudantil está abaixo dos patróns considerados bens, alegando que tais medias son baixas xustamente por recibiren subvencións inadecuadas do goberno. Ou sexa, este programa, en vez de mellorar as escolas do estado, pioriza a xa precaria situación no sistema público de educación, segundo estes críticos.

En 2000, o gobernador Jeb Bush e o Poder Lexislativo da Florida votaron en abolir o Consello de Reitores que gobernaban o Sistema Universitario Estatal de Florida. Actualmente, cada universidade pública é controlada polo seu propio consello e polo seu propio reitor, todos eles escollidos e nomeados directamente polo gobernador (Jeb Bush). Sendo escollidos directamente, a maioría dos membros son republicanos, xerando unha gran controversia no sistema educativo. En 2002, o demócrata Bob Graham comezou unha colecta de sinaturas pedindo a volta ao antigo Consello de Reitores estatal.

[editar] Transportes

Un bus do sistema de transporte público de Gainesville.
Agrandado
Un bus do sistema de transporte público de Gainesville.

As autoestradas estatais, ben como autoestradas nacionais que cruzan o país, son administradas polo Departamento de Transportes da Florida, encarregada da manutención e da vixilancia da gran maioría das vías públicas interurbanas do estado. Varias das autoestradas do estado son de peaxe. A Greyhound prové servizo de ómnibus interurbano entre diferentes cidades do estado, mais moitos din que este servizo é ineficiente e devagar. Unha viaxe entre Tampa e Miami, distanciadas a catro horas de coche, pode durar dez horas pola Greyhound.

Os habitantes do estado poden escoller a placa de licenza para os seus vehículos. Hai preto de 100 tipos de placas dispoñibles a elixir, cada unha con características propias: hai placas para varios temas e asuntos como temas ambientais, así como placas de varias organizacións e institucións de ensino superior.

En 2000, a maioría da poboación do estado votou a favor da construción dunha ferrovía de alta velocidade, que conectará as maiores cidades do estado. Sen embargo, en 2004, o gobernador Jeb Bush conseguiu nun proceso remover a emenda que aprobaba a construción da ferrovía, alegando que os custos económicos da construción de tal ferrovía serían moito altas. Sen embargo, os propoñentes da ferrovía alegan que tais custos extras foron exaxerados polo gobernador, e que os custos da manutención de estradas e automóbiles son superiores á dunha ferrovía de alta velocidade. De feito, o servizo ferroviario interurbano existe, e é de responsabilidade da Amtrack, mais non é extensivo ou frecuente o suficiente para nada alén de viaxes de turismo.

A maioría das grandes cidades do estado posúe servizos de transporte público. Miami posúe unha liña monorraíl, e a maioría das cidades no estado provén aos seus habitantes un servizo regular de bus. Sen embargo, o servizo destes buses é moitas veces criticado por recibir subvencións inadecuadas, por ser relativamente pouco usada, e por ser ineficiente en varios casos. Ferrovías de alta velocidades, monocarrís e servizos de bus mellorados foron propostos varias veces para tentar remediar esta situación.

Todas as grandes cidades do estado posúen aeroportos. Os principais son o Aeroporto Internacional de Orlando, o Aeroporto Internacional de Miami, o Aeroporto Internacional de Tampa e o Aeroporto Internacional de Jacksonville.

[editar] Artigos relacionados

[editar] Ligazóns Externas


Divisións políticas dos Estados Unidos
Estados Alabama | Alasca | Arizona | Arcansas | California | Carolina do Norte | Carolina do Sur | Colorado | Connecticut | Dacota do Norte | Dacota do Sur | Delaware | Florida | Hawai | Idaho | Illinois | Indiana | Iowa | Kansas | Kentucky | Luisiana | Maine | Mariland | Massachusetts | Michigan | Minnesota | Mississippi | Misuri | Montana | Nebrasca | Nevada | New Hampshire | Nova Jersey | Novo México | Nova York | Ohio | Oklahoma | Oregon | Pennsylvania | Rhode Island | Tennessee | Texas | Utah | Vermont | Virxinia | Washington | Virxinia Occidental | Wisconsin | Wyoming | Xeorxia
Distrito Federal Distrito de Columbia
Áreas insulares Samoa Americana | Illa Baker | Guam | Illa Howland | Illa Jarvis | Johnston Atoll | Kingman Reef | Atol de Midway | Illa Navassa | Illas Marianas do Norte | Atol Palmyra | Porto Rico | Illas Virxes Americanas | Illa Wake
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com