Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Abraham Lincoln - Wikipedia

Abraham Lincoln

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Abraham Lincoln
Nome completo: Abraham Lincoln
Data de nacemento: 12 de febreiro de 1809
Lugar de nacemento: Hodgenville, Estados Unidos
Data de falecemento: 15 de abril de 1865
Lugar de falecemento: Washington, Estados Unidos
Partido político: Partido Republicano
Cargo(s): Deputado por Illinois (1834 - 1840)
Presidente dos Estados Unidos de América (1861 - 1865)
Profesión: Político e avogado

Abraham Lincoln (preto de Hodgenville, Kentucky, 12 de Febreiro de 1809 - Washington, 15 de Abril de 1865) foi o 16º (1861-1865) presidente dos Estados Unidos e o primeiro presidente do Partido Republicano dos Estados Unidos da América.

Índice

[editar] Primeiros anos

Naceu nunha familia de condición humilde, no Condado de Hardin, próximo á cidade de Hodgenville, Kentucky, e exerceu diversos oficios manuais ata poder estudar leis, abrindo seguidamente cartorio en Springfield.

En 1816, a súa familia mudouse para o estado de Indiana, onde Lincoln viveu dos sete aos 21 anos. O seus estudos, segundo súas proprias palabras, resumianse, nesa época, a saber ler, escreber e facer as catro operacións. No estado había escasez de libros e papel, e a Biblia era probabelmente o único libro existente en casa dos seus pais. Lincoln estudouna a fundo, vindo máis tarde a enriquecer os seus discursos e traballos escritos con citas bíblicas. En 1831, Lincoln mudouse para a aldea de New Salem, no estado de Illinois, empregandose como balconista nunha loxa. En New Salem, onde viveu case seis anos, tornouse axente postal e máis tarde foi eleito deputado por Illinois (1834-1840) e membro do Senado (1844-1848).

Durante seu segundo mandato na Asemblea, Lincoln comezou a estudar Dereito e completou a súa formación, tomou libros emprestados, estudounos e, en 1836, obtivo licenza para exercer a advocacia. No ano seguinte mudouse para a nova capital do estado, Springfield, onde, xuntamente a outros, constituiu un escritorio de advocacia. En 1842, casou con Mary Todd e, dous anos despois, montou un novo escritorio en sociedade con William Herndon. Esa sociedade xamais se desfixo. A práctica da advocacia en Illinois non era especializada no tempo de Lincoln. Durante seis meses cada ano, Lincoln integraba os tribunais itinerantes do estado percorrendo varios concellos e aceitando os casos que lle presentaban. A súa actuación como avogado tornouno coñecido en todo o Illinois. En 1846, foi eleito para a Cámara de Representantes federal. De 1847 a 1849, Lincoln actuou no Congreso, onde se tornou impopular por causa da oposición que fixo ao presidente James K. Polk, culpandoo pola guerra co México. Desistiu de tentar a reeleición e voltou a exercer a advocacia. Unha súbita mudanza na política nacional en relación á escravitude trouxo Lincoln de volta á política. O Acordo do Misouri prohibira, en 1820, a escravitude nos novos territorios situados ao norte da fronteira sur do Missouri. En 1854, o senador Stephen A. Douglas presentou unha lei para organizar os territorios de Kansas e Nebraska que repelia o Acordo do Missouri, establecendo que os colonos deberían decidir se desexaban ou non a escravitude. Lincoln era contrario a esa lei. En 1858, disputando unha vaga ao Senado con Douglas, Lincoln desafiouno nunha serie de debates en torno da extensión da escravitude nos territorios libres. Lincoln perdeu as eleicións, mais transformouse nunha figura de destaque nacional, posibilitando así súa candidatura á Presidencia en 1860, tendo estado esa actuación relacionada, tamén, coa fundación do Partido Republicano dos Estados Unidos da América en 1854. En 1860, a asemblea nacional republicana presentouno como candidato á presidencia da nación.

[editar] O Goberno de Lincoln

Lincoln Memorial, en Washington
Agrandado
Lincoln Memorial, en Washington

A marcha dos acontecimentos acelerouse no Sur durante os meses que antecederon a pose de Lincoln na Presidencia. Varios líderes do Sur ameazaran retirar os seus estados da Federazón, caso Lincoln gañase as eleicións. Cando el tomou pose, en marzo de 1861, sete estados do Sur retiraranse e máis catro fixeron o mesmo despois. Eses estados formaron, entón, a Confederazón dos Estados da América. A pesar de ter intentado un esforzo extraordinario de conciliación, a súa escolla eleitoral para aquel cargo provocou a eclosión da Guerra Civil Americana. O 12 de abril, os confederados bombardeaban o forte Sumter. Lincoln enfrentou a crise con enerxía: decretou o bloqueo dos portos suristas e aumentou o Exército alén dos limites impostos pola lei. Despois de perderen as primeiras batallas, os nortistas acabaron por vencer a guerra, a cal durou catro anos e deixou un saldo de 600 mil mortos. A pesar dos fracasos iniciais e da consecuente impopularidade, Lincoln xamais se deixou abater. Para el, os E.U.A. representaban unha experiencia da capacidade dun pobo para se gobernar a si mesmo. Caso fallase, os reis, os ditadores e os seus defensores poderían dicir que o pobo non era capaz de ter autonomía e que alguén debería gobernálo. Lincoln xulgaba que na Guerra de Secesión estaba en xogo o destino da democracia mundial. O 22 de Setembro de 1862 publicou a proclamación que concedia a liberdade aos escravos dos Estados confederados. Aos ollos das outras nacións, a libertación deu un novo sentido á Guerra e abriu camiño para a abolición da escravatura en todo o país, en 1865. En 1864, as vitorias dos nortistas posibilitaron a reeleición de Lincoln, cuxo novo mandato tivo inicio no ano seguinte.

[editar] O asasinato

Litografía do asasinato de Lincoln
Agrandado
Litografía do asasinato de Lincoln

O 1 de abril de 1865 terminaba a guerra civil. Na noite de 14 de abril de 1865, alguns días despois do término da guerra, Lincoln foi asasinado no Teatro Ford, en Washington, Distrito de Columbia, mentres asistía a unha peza. O surista X. W. Booth, o asasino, un dos actores máis coñecidos da época, desfechou un tiro na cabeza do presidente, que veu a falecer na mañá do día seguinte. O actor era un defensor da causa surista na Guerra de Secesión. Encanto ocupou a Presidencia, Lincoln foi duramente criticado, mais, despois da súa morte, ata mesmo os seus inimigos eloxiaranlle a grandeza de espírito e abnegación. É ata hoxe unha das figuras históricas máis admiradas nos E.U.A. Lincoln foi substituído no cargo polo vice-presidente Andrew Johnson.

Moitos dos seus discursos e traballos escritos constituen un clásico sobre os ideais e obxectivos democráticos.

[editar] External links


Presidente dos Estados Unidos

Segue a:
James Buchanan
Abraham Lincoln
(1861-1865)

Precede a:
Andrew Johnson
Partido Republicano (Estados Unidos)


Commons
Commons ten máis imaxes sobre:


Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com