Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Xudaísmo - Wikipedia

Xudaísmo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Xudaísmo é a relixión do pobo xudeu. As doutrinas e historia do Xudaísmo constituen unha parte dos fundamentos históricos de moitas outras relixións, incluindo o Cristianismo e o Islam.

O asunto do Tanakh (o Vello Testamento) é un suposto relato da relación dos israelitas (tamén coñecidos como hebreus) con Deus, segundo os reflexos desa relación na súa historia desde o principio dos tempos e a construción do segundo templo (preto do 350 A.d.C.).

Para os xudeus, a Torá (o Pentateuco) foi transmitida a Moisés, directamente de Deus. O seu contido foi compilado para que xamais fose esquecido e permanecese inmutable, mesmo co paso dos sabios que a transmitiron, de xeración a xeración.

Se ben que o xudaísmo teña sempre recoñecido un certo número doutros principios de fe xudaicos, nunca desenvolveu un catecismo obrigatorio. Surxiron variadas formulacións das crenzas xudaicas, a maioría das cais teñen moito en común, mais diverxen en varios aspectos. Nos últimos dous séculos, a comunidade xudaica dividiuse en varios movimentos xudaicos. Cada un deles ten unha abordaxe diferente no estilo de vida, cada movimento cumpre máis ou menos leis. A maior parte das formas de xudaísmo ortodoxo xeralmente cumpren moitos preceitos, ao paso que as formas non-ortodoxas de xudaísmo xeralmente defenden que os principios foron evoluindo co tempo e adapta o xudaísmo aos costumes locais. Estes tópicos son discutidos con maior profundidade no artigo sobre os principios de fe xudaicos.

O Menorah de sete brazos é un antigo símbolo do xudaísmo. Usábase no templo do antigo Xerusalén
O Menorah de sete brazos é un antigo símbolo do xudaísmo. Usábase no templo do antigo Xerusalén

Índice

[editar] Movimentos xudaicos

O Muro do oeste en Xerusalén é o único que fica do Segundo Templo. O Templo da Montaña é o lugar máis sagrado no Xudaísmo.
Agrandado
O Muro do oeste en Xerusalén é o único que fica do Segundo Templo. O Templo da Montaña é o lugar máis sagrado no Xudaísmo.

O xudaísmo divididese normalmente nos seguintes movimentos:

  • Xudaísmo ortodoxo (separado entre grupos "chasídicos" e "non-chasídicos", chamados mitnagdín).
  • Xudaísmo conservador (fora dos Estados Unidos é coñecido por Xudaísmo Masorti).
  • Xudaísmo reconstrucionista
  • Xudaísmo da reformista (fora dos Estados Unidos tamén é coñecido como Xudaísmo progresista e, no Reino Unido, Xudaísmo liberal)

O xudaísmo laico non é propriamente un movimento, mais unha visión dunha parte do pobo xudeo de que é posible vivir o xudaísmo desvinculado da relixión.

O chamado Xudaísmo Mesiánico, que cré que Yeshua ben Yosef (Xesús fillo de Xosé) é Ha Mashiach (O Mesias)prometido polos profetas do Tanach (Antigo Testamento)non é considerado un movimento no seo da comunidade xudaica, non sendo recoñecido por nengunha das outras correntes, sendo efetivamente unha secta cristá que prega a conversión de xudeos a unha especie de cristianismo primitivo.

[editar] Textos xudaicos clásicos

Un manuscrito da Torah, a Torah contén os cinco libros de Moisés, ou a Biblia hebrea.
Agrandado
Un manuscrito da Torah, a Torah contén os cinco libros de Moisés, ou a Biblia hebrea.
notaL Algunhas destas categorías sobrepoñense, e alguns libros incluen seccións que pertencen a máis do dunha categoría.
  • A Bíblia hebraica con comentarios
  • Literatura rabínica
    • O Mishná con comentarios
    • Os Talmud de Xerusalem e Babilónico e respectivos comentarios
    • O Toseftá
    • O Midrás de Halakhá e de Aggadá
    • Códigos de Lei e Costume Xudaicos
      • A Mishné Torá con comentarios
      • O Tur con comentarios
      • O Shulchan Arukh con comentarios
    • A literatura Responsa
  • Pensamento e ética xudaicas
    • Filosofía xudaica
    • Ética xudaica e Movimento musar
    • Cábala
    • Xudaísmo Hasídico
  • Poesia xudaica clásica (Piyyut)
  • Liturxía xudaica, incluindo o Siddur

[editar] Principios de Fe

Interior da Sinagoga portuguesa de Amsterdan
Agrandado
Interior da Sinagoga portuguesa de Amsterdan

Surxiron variadas formulacións das crenzas xudaicas, a maioría das cais con moito en común entre si, mais diverxentes en varios aspectos. Unha comparación entre varias desas formulacións mostra un elevado grau de tolerancia polas diferentes perspectivas teolóxicas. O que se segue é un sumario das crenzas xudaicas. Unha discusión máis detallada destas crenzas, acompañada por unha discusión sobre as súas orixes, pode ser atopada no artigo sobre os principios de fe xudaicos.

  • Monoteísmo - O xudaísmo baseiase nun monoteísmo unitario estrito, a crenza nun único Deus. Deus é visto como eterno, o criador do universo e a fonta da moralidade.
  • Deus é unico - A idea de Deus como unha dualidade ou trindade é herética para os xudeos. É encarada como próxima do politeísmo. Curiosamente, encanto que os xudeos defenden que tais concepcións de Deus están incorrectas, son xeralmente de opinión que os xentios que teñen tais crenzas non son culpados.
  • Deus é omnipotente (todo-poderoso) e omnisciente (todo sabe) e onipresente (está en todo lugar). Os diversos nomes de Deus son maneiras de expresar diferentes aspectos da presenza de Deus no mundo. Ver a entrada acerca do nome de Deus no xudaísmo.
  • Deus é non-físico, non-corpóreo e eterno. Todas as declaracións na Bíblia hebraica e na literatura rabínica que utilizan antropormofismo son encaradas como conceitos linguísticos ou metáforas, por ser imposible falar de Deus doutro modo.
  • Só a Deus se pode ofrecer preces. Todas as crenzas de que pode ser usado un intermediario entre o home e Deus, sexa el necesario, sexa apenas opcional, teñen sido consideradas heréticas.
  • A Bíblia hebraica e moitas das crenzas descritas na Mishná e no Talmud son tidas como produto de Revelación divina. O modo como funciona a revelación, o que se quer dicir, exactamente, cando se di que un libro é "divino", ten sido desde sempre materia de algunha disputa. Existen entre os xudeos diferentes perspectivas sobre este asunto.
  • As palabras dos profetas son verdadeiras.
  • Moisés foi o maior de todos os profetas e tamén o máis humilde. Como un grande profesor para o pobo xudeo.
  • A Torá (os cinco libros de Moisés) é o texto principal do xudaísmo. O xudaísmo rabínico defende que a Torá é idéntica á que foi entregue por Deus a Moisés no Monte Sinai. Os xudeos ortodoxos consideran que a Torá que existe hoxe é exactamente aquela que foi entregue por Deus a Moisés, cun número reducido de dubidas de copia. Debido aos avanzos nos estudos bíblicos e na investigación arqueolóxica e linguística, a maioría dos xudeos non-ortodoxos rexeita este principio. En vez diso, aceitan que o núcleo da Torá Oral e Escrita pode provir de Moisés, mais afirman que a Torá escrita que existe hoxe foi amalgamada a partir de varios documentos.
  • Deus escolleu o pobo xudeo para participar nunha alianza única con Deus; a descrición desta alianza é a propria Torá. Ao contrario do que xeralmente se pensa, o pobo xudeo non di simplesmente que "Deus escolleu os xudeos". Os xudeos consideran que foron escollidos para desempeñar unha misión específica: para servir de luz para as nacións e para ter unha alianza con Deus tal como descrito na Torá. Esta idea é discutida en maior profundidade na entrada sobre o pobo escollido. O xudaísmo reconstrucionista rexeita o conceito da escolla como moralmente defunto.
  • A era mesiánica. Haberá un Mashíach (Mesias), e unha era mesiánica.
  • A alma é pura no momento do nacimento. As persoas nacen cun yéser hattób, unha tendencia para o ben, e cun yéser hará', unha tendencia para o mal. Consequentemente, os seres humanos son providos de libre arbítrio e poden escoller o seu proprio camiño na vida.
  • As persoas poden expiar os seus pecados. A liturxía dos Días de Temor (Rosh Hashaná e Yon Kippur) declara que a prece, o arrependimento e o sedacá (doación espontánea para caridade) expian os pecados. Unha discusión máis detallada da visión xudaica do pecado pode atoparse na entrada sobre o pecado.

A "profisión de fe" dun xudeu é: "Shemá‘ Yisraél Adonay Elohénu Adonay echad" Tradución: "Ouve Yisrael, o Eterno é noso Deus, o Eterno é un" (Notase que moitos xudeos asquenasí usan aquí a palabra hebraica 'Hashem' en lugar de 'Adonay', literalmente "o nome", como unha alusión a O seu Santo Nome que non pode ser pronunciado ou escrito.)

[editar] O que fai de alguén xudeu?

A Lei Xudaica considera xudeo todo aquel que naceu de nai xudia ou se converteu de acordo coa Lei Xudaica. (Recentemente, os seguidores da Reforma Americana e do Reconstrucionismo teñen incluído tamén as crianzas nacidas de pai xudeo e nai xentia, desde que educadas de acordo coa relixión xudaica.)

Un xudeu que deixe de practicar o Xudaísmo e se transforme nun xudeo non-practicante continua a ser considerado xudeo. Un xudeo que non aceite os principios de fe xudaicos e se torne agnóstico ou ateu tamén continua a ser considerado xudeo.

No entanto, se un xudeo se converte a outra relixión, como o Budismo ou o Cristianismo, perde o lugar como membro da comunidade xudaica e transformase nun apóstata. Segundo a tradición, a súa familia e amigos toman luto por el, pois para un xudeo abandonar a relixión é como se morrese. No entanto, aínda que a persoa estexa fora da comunidade xudaica e teña ideas non-xudaicas, esa persoa aínda é xudaica de acordo coa maior parte das autoridades en lei xudaica.

[editar] Filosofía xudaica

A filosofía xudaica é a conxugación entre o estudo serio de filosofía e a teoloxía xudaica. A filosofía xudaica inicial foi influenciada polas filosofias de Platan, Aristóteles e pola filosofía islámica. Os filósofos xudaicos máis importantes fora, entre outros, Salomán Ibn Gabirol, Saadiá Gaon, Maimonides e Xersonides. Grandes mudanzas se seguiron ao Iluminismo (finais do século XVIII, inicio do século XIX), levando ao aparecimento dos filósofos xudaicos postiluministas e, máis tarde, aos filósofos xudaicos modernos.

Para máis informacións, vexa o artigo acerca da filosofía xudaica.

[editar] A Torá e a lei xudaica

A base da lei e tradición xudaica é a Torá (os cinco libros de Moisés). De acordo coa tradición rabínica, existen 613 misvot (mandamentos) na Torá. Algunhas destas leis dirixense apenas aos homes ou ás mulleres, alguns apenas aos Kohanín e aos Leviín (membros da tribo clérica), outras apenas a aqueles que constroen dentro da terra de Israel, e moitas outras eran aplicables apenas na época en que existía o Templo en Xerusalén. San menos de 300 os mandamentos aínda aplicables hoxe en día.

A pesar de teren existido grupos xudaicos que se baseaban apenas no texto escrito da Torá (os Saduceus e os Caraítas), a maior parte dos xudeos consideraban naquilo a que chamaban a lei oral. Estas tradicións orais orixinaranse no sector Fariseu do xudaísmo antigo, e foron máis tarde pasadas a escrito e expandidas polos rabinos.

O xudaísmo rabínico sempre defendeu que os libros do Tanakh (chamados de lei escrita) foron desde sempre transmitidos en paralelo coa tradición oral. Apontase para o texto da Torá, onde moitas palabras non teñen definición e moitos procedimentos son mencionados sen explicación ou instrucións; isto, afirmase, significa que é suporto que o leitor estexa familiarizado cos detalles a partir doutras fontes, orais. Este conxunto paralelo de material foi orixinalmente transmitido de forma oral e ficou coñecido como "a lei oral". Alguns dos métodos de onde é derivado poden ser consultados no Midrash halakhico. No entanto, ao tempo do rabino Yehudá Ha-Nasí (200 CE) a maior parte deste material foi editado en conxunto no Mishná. Ao longo dos catro séculos seguintes, esta lei sofreu discusión e debate en ambas as maiores comunidades xudaicas do mundo (en Israel e na Babilonia), e os comentarios ao Mishná producidos por cada unha das dúas comunidades acabaron por ser editados en compilacións coñecidas como os dous Talmudes. Estes foron interpretados polos comentarios de varios estudiosos da Torá ao longo dos séculos.

Consecuentemente, a Halakhá, ou o modo de vida do xudaísmo rabínico, non se basea nunha leitura literal da Torá, mais si na combinación das tradicións oral e escrita, o que inclúe o Tanakh, o Mishná, o Midrash halakhico, o Talmud e os seus comentarios. Estes foron sumariados nos códigos de lei xudaica por varios estudiosos da Torá, tais como os rabinos Alfasi, Maimonides, Ya'akob ben Asher, Yosef Karo, etc.

A Halakhá desenvolvese lentamente, através dun sistema baseado en precedentes. A literatura de perguntas aos rabinos, e as súas respostas, é designada por responsa (en hebraico, "Sheelot U-Tshubot".) Ao longo do tempo, á medida que a práctica se desenvolve, novos códigos de lei xudaica son escritos, baseados na responsa.

[editar] Excomunión

O Chéren é a máis alta censura eclesiástica na comunidade xudaica. É a exclusión total da persoa da comunidade xudaica. Excepto en casos raros que tiveran lugar entre os xudeos ultra-ortodoxos, o cheren deixou de se practicar despois do iluminismo, cando as comunidades xudaicas locais perderan a autonomía de que dispuñan anteriormente e os xudeos foron integrados nas nacións xentias en que vivian. Unha discusión máis aprofundada deste asunto pode ser atopada no artigo sobre o chéren.

[editar] Calendario Xudaico

O calendario xudaico é contado desde 3761 a.C.. O Ano Novo xudaico, chamado Rosh Hashaná, acontece no primeiro ou no segundo día do més hebreu de Tishri, que pode cair en setembro ou outubro. Os anos comuns, con doce meses, poden ter 353, 354 e 355 días, encanto os bisextos, de trece meses, 383, 384 ou 385 días.

[editar] Feriados

A vida xudaica está repleta de tradición relixiosa, e é celebrada un ciclo anual de feriados xudaicos.

[editar] Acontecimentos do ciclo de vida

Existen acontecimentos do ciclo da vida dun xudeo que o/a unen a toda a comunidade.

Berit milá - As boas-vindas dos bebés do sexo masculino á alianza a través do ritual da circuncisión.
Zébed habbát - As boas-vindas dos bebés do sexo feminino na tradición sefaradí.
Bar misvá e Bat misvá - A celebración da chegada dunha crianza á maioridade, e por se tornar responsable, de ahí en diante, por seguir unha vida xudaica e por seguir a halakhá.
Casamento
Shib'a|Luto - O xudaísmo ten prácticas de luto en varias etapas. Á primeira etapa (observada durante unha semana) chamase Shib'a, á segunda (observada durante un més) chamase sheloshim e, para aqueles que perderan un dos proxenitores, existe unha terceira etapa, a avelut yod bet chódesh, que é observada durante un ano.


[editar] Cronoloxía histórica do xudaísmo

[editar] Sectas e faccións xudaicas anteriores ao Iluminismo

O xudaísmo rabínico foi, en tempos, relacionado co samaritanismo. Os samaritanos, sen embargo, xa non se consideran xudeos, e ambos os grupos se consideran relixións separadas.

Por volta do primeiro século D.C. había varias grandes sectas en disputa da lideranza entre os xudeos, e en xeral todas elas procuraban, de forma diversa, unha salvación mesiánica en termos de autonomía nacional dentro do Imperio Romano: os fariseus, os saduceus, os celotas e os esenos. Entre estes grupos, apenas o dos fariseus sobreviveu ideoloxicamente; a súa descendencia ideolóxica, os rabinos, rapidamente tomou o control da relixión, e vieran a orixinar todas as sectas modernas. O cristianismo, a certa altura, relacionouse cunha facción xudaica que consideraba que Xesús era o Mesias, mais esta secta de cristáns xudeos, rexeitada tanto polos xudeos como polos cristáns, acabou por desaparecer.

Alguns xudeus no século VIII adoptaron o rexeitamento dos saduceos pola lei oral dos fariseos / rabinos rexistada na Mishná (e desenvolvida por rabinos máis recentes nos dous Talmudes), pretendendo confiar apenas no Tanakh. Curiosamente, este grupo en breve desenvolvia as súas proprias tradicións orais, diferentes das rabínicas. Estes xudeos criaron a secta Karaita, que aínda existe hoxe en día, se ben que os seus seguidores sexan en moito menor número que o resto dos xudeos. Os xudeos rabínicos defenden que os Karaitas son xudeos, mais que a súa relixión é unha forma de xudaísmo incompleta e errónea.

Ao longo do tempo, os xudeus foronse diferenciando en grupos étnicos distintos: os Asquenazi (da Europa de Leste e da Rusia), os Sefarditas (de España, Portugal e do Norte de África) e os Xudeos Iemenitas, da extremidade sur da península Arábica. Esta división é cultural e non se basea en calquer disputa doutrinaria.

[editar] O desenvolvimento do xudaísmo hasídico

O xudaísmo hasídico foi fundado por Israel ben Eliecer (1700-1760), tamén coñecido por Ba'al Shen Tov, ou polo Besht. Os seus discípulos atraíron moitos seguidores, e eles proprios estableceran numerosas sectas hasídicas na Europa. O xudaísmo hasídico acabou por se transformar no modo de vida de moitos xudeos na Europa, e chegou aos Estados Unidos durante as grandes vagas de emigración xudaica na década de 1880.

Algún tempo antes, tiña habido un serio cisma entre os xudeus hasídicos e non-hasídicos. Os xudeos europeos que rexeitaban o movimento hasídico eran apelidados polos Hasidín como mitnagdín, (lit. "oponentes"). Alguns dos motivos para a rexeición do xudaísmo hasídico radicábanse na exiberancia opresiva da prece hasídica - nas súas imputacións non-tradicionais de que os seus líderes eran infalibles e alegadamente operaban milagres, e na preocupación coa posibilidade do movimento se transformar nunha seita mesiánica. Desde entón, todas as sectas do xudaísmo hasídico foron absorvidas pola corrente principal do xudaísmo ortodoxo, e en particular polo xudaísmo ultra-ortodoxo.

Vexa os artigos sobre o xudaísmo hasídico e os mitnagdín para obter información máis detallada.

[editar] O desenvolvimento das sectas modernas en resposta ao Iluminismo

Nos fins do século XVIII, a Europa foi varrida por un conxunto de movimentos intelectuais, sociais e políticos coñecidos polo nome de Iluminismo. O xudaísmo desenvolveuse en varias sectas distintas en resposta a este fenómeno sen precedentes: o xudaísmo da reforma e o xudaísmo liberal, moitas formas de xudaísmo ortodoxo e xudaísmo conservador e aínda unha certa cantidade de grupos máis pequenos.

Este asunto está coberto en maior profundidade no artigo sobre as seitas xudaicas.

[editar] O estado do xudaísmo entre os xudeus actuais

Na maior parte das nacións occidentais, moitos xudeus secularizados deixaron hai moito de participar nos deberes relixiosos. Moitos deles lembranse de ter tido avós relixiosos, mais medraron en lares onde a educación e observancia xudaicas xa non eran unha prioridade. Desenvolveron sentimentos ambivalentes no que toca aos seus deberes relixiosos.

Nos últimos 50 anos todas as principais sectas xudaicas teñen asistido a un aumento de popularidade. Sen embargo, este crecimento non ten compensado a perda demográfica debida aos casamentos mistos e á aculturación.

Mentras, o cristianismo ten inspirado seitas como a dos Xudeus por Xesús e o xudaísmo mesiánico, e persoas descontentes coa corrente principal do xudaísmo fundaron o Xudeo-Paganismo. Debido ao feito de estes movimentos incorporaren relixións non-xudaicas en conxunto co xudaísmo, os movimentos xudaicos da corrente principal non consideran que os Xudeos por Xesús, o xudaísmo mesiánico e o Xudeo-Paganismo fazan parte da relixión xudaica. A pesar diso, alguns membros destes movimentos identificanse como xudeus.


[editar] Xudaismo en Galicia


[editar] Ver tamén

Wikiquote logo
Citas no Wikiquote sobre:
[[q:{{{1}}}|{{{1}}}]]
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com