Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Alga - Wikipedia

Alga

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

As algas comprenden varios grupos de seres vivos acuáticos e autotróficos, ou sexa, que producen a enerxía necesaria para o seu metabolismo a través da fotosíntese. A maior parte das especies de algas son unicelulares e, mesmo as máis complexas – algunhas con tecidos diferenciados – non posúen verdadeiras raíces, caules ou follas.

Aínda que foron durante moito tempo consideradas como plantas, só as algas verdes teñen unha relación evolutiva coas plantas "superiores"; os restantes grupos de algas representan liñas independentes de desenvolvemento evolutivo, paralelo ás que levaron ás plantas superiores.

A disciplina da bioloxía que estuda as algas é a ficoloxía ou algoloxía, tradicionalmente unha especialización da botánica.

Índice

[editar] Relacións evolutivas entre os diferentes grupos de algas

[editar] "Algas" Procarióticas

As "algas azuis" ou cianofíceas – modernamente clasificadas Cyanobactería como un "reino" dentro do dominio Eubactería ou "verdadeiras" bacterias – foron un dos primeiros seres vivos en apareceren na Terra, co máis antigo fósil datado en 3.800 millóns de anos (Précámbrico) e considérase que tiveron un papel preponderante na formación do osíxeno da atmosfera.

Estes organismos teñen unha estrutura procariótica, sen un verdadeiro núcleo celular e cos pigmentos fotosintéticos dispersos no citoplasma.

[editar] Algas Eucarióticas

Todos os restantes grupos de algas son eucarióticos (cun verdadeiro núcleo celular) e realizan a fotosíntese usando organelos chamados cloroplastos. Os cloroplastos conteñen DNA e teñen unha estrutura semellante ás cianobacterias – pénsase que evoluíron a partir dunha alga máis "primitiva" que era endosimbionta.

Hai diferentes tipos de cloroplastos, que poden reflectir diferentes eventos endosimbióticos. Existen tres grupos de organismos que teñen cloroplastos "primarios":

  • As algas verdes e as plantas "superiores";
  • As algas vermellas (Rodophyta); e
  • Glaucophyta.

Nestes grupos, o cloroplasto está rodeado por dúas membranas que se pensa que se orixinaron na cianobacteria endosimbionte. Os glaucófitos posúen cloroplastos moi primitivos (denominados "cianelos"), moi semellantes aos das cianobacterias e mantendo aínda a capa de peptidoglicano entre as dúas membranas. Os cloroplastos das algas vermellas teñen unha pigmentación máis próxima das cianobacterias actuais. As algas verdes e as plantas "superiores" teñen cloroplastos con clorofilas a e b, esta última atopada nalgunhas cianobacterias, mais non na maioría. Estes feitos indican que probabelmente estes tres grupos de plantas teñen orixe nun antepasado común – unha especie de alga cunha cianobacteria endosimbionte.

Hai outros dous grupos de organismos con clorofila b – as Euglenophyta e as Chlorarachniophyta – mais nestes grupos, os cloroplastos rodéanse, respectivamente, por tres e por catro membranas, que se pensa seren provenientes do propio ensosimbionte. Os cloroplastos dos Chlorarachniophyta conteñen un nucleomorfo reducido, que podería ser un residuo do núcleo do endosimbionte. Hai unha teoría segundo a cal os cloroplastos da Euglena teñen apenas tres membranas por se ter formado por mizocitose en vez de fagocitose.

Os restantes grupos de algas todos teñen cloroplastos con clorofilas a e c – que non son coñecidas en ningún procarionte, nin nos cloroplastos primarios. Non obstante, algunhas semellanzas xenéticas entre estes grupos e as algas vermellas suxiren que existen relacións evolutivas entre todos. Son os seguinte estes grupos:

  • Heterokonta (división Heterokontophyta) inclúen as algas douradas, diatomáceas e algas castañas;
  • Haptophyta ou Prymnesiophyta, que teñen pigmentos semellantes aos Heterokonta, mais a estrutura das células é moi diferente, tipicamente con dous flaxelos lixeiramente diferentes un do outro e outro organelo chamado "haptonema", que é superficialmente semellante a un flaxelo, mais que difere no arranxo dos microtúbulos e no comportamento (pertencen a este grupo os cocolitoforídeos);
  • Cryptomonadina(ou Cryptophyta); e
  • Dinoflaxelados.

Nos primeiros tres destes grupos (tamén coñecidos polo nome Chromista), o cloroplasto posúe catro membranas e, no grupo Cryptomonadina mantén o nucleomorfo. O cloroplasto do dinoflaxelado típico posúe apenas tres membranas, mais este grupo presenta considerábel variabilidade nos cloroplastos. O grupo Apicomplexa, a que pertence o plasmodio da malaria, e que está relacionado cos dinoflaxelados (de acordo co proxecto Árbore Evolutiva, estes seres atopanse agrupados nos Alveolata), non posúe cloroplastos típicos, mais si plastídeos.

As "algas verdes" agrúpanse hoxe en día en dúas liñaxes dentro do reino Plantae (ou Viridaeplantae):

  • un grupo que inclúe as clases Prasinophyta (que está aínda en estudo, que se pensa que pode ser parafilética), Chlorophyceae, Trebouxiophyceae (anteriormente considerada a orde Microthmaniales) e Ulvophyceae.
  • o outro grupo, o clade Streptophyta, inclúe as ordes Chlorokybales, Klebsormidiales, Zygnematales, Charales, Coleochaetales e os embriófitos, ou sexa, as plantas terrestres. Estas ordes estaban anteriormente colocadas dentro dunha clase Charophyceae, dentro da tradicional división Chlorophyta (Algas verdes), mais estudos filoxenéticos recentes levaron a adoptar a presente clasificación.

Gran parte do material usado nesta sección obtívose do proxecto Tree of Life, especialmente das páxinas con "copyright" de Richard M. McCourt (1996).

[editar] Formas de organización das algas

A maior parte das algas son seres unicelulares, vivindo libres na auga e movéndose co auxilio de flaxelos ou por movimento ameboide. Algunhas especies non teñen movimento proprio e ocorren no meo ambiente quer na forma cocoide (de coccus, o tipo máis simples de bacteria), quer na forma capsoide, cobertas de mucilaxe. No entanto, mesmo as algas unicelulares se agrupan por veces en formas coloniais, mobeis ou non. Alguns destes tipos de organización, que poden ocorrer ao longo do ciclo de vida duma especie, son:

  • colonia simples – pequenos grupos de células mobeis (exemplo: Volvox)
  • colonia palmeloide – grupo de células sen mobilidade embebidas en mucilaxe
  • filamento – unha fiada de células unidas, quer polas paredes celulares, quer por mucilaxe; por veces ramificados
  • colonia parenquimatosa – grandes grupos de células formando un pseudo-talo, por veces con diferenciación parcial de tecidos.

As algas castañas, vermellas e algúns grupos de algas verdes presentan individuos con tecidos totalmente diferenciados en órgaos parcialmente equivalentes aos das plantas "superiores". O corpo do individuo chámase talo e en moitos casos presenta un estipe, parecido cun caule, mais sen tecidos vasculares, un órgao de fixación que se pode asemellar a unha raíz, e láminas foliares, parecidas con verdadeiras follas.

As formas máis complexas atópanse na orde Charales, que aparentemente son os parentes máis próximos das plantas superiores.

[editar] Ecoloxía das algas

As algas teñen un importantísimo papel na biosfera– sempre tiveron, basta recordar que foron elas as primeiras produtoras de osíxenio no noso planeta. No presente, son as responsábeis pola maior parte da produción nos ecosistemas acuáticos: como produtores primarios, elas forman a base da cadea alimentar deses ecosistemas.

As macroalgas mariñas, ou sexa, as que teñen dimensións maiores que as do fitopláncton, como as algas verdes, vermellas e castañas, poden, por veces colonizar grandes porcións do substrato, fornecendo refuxio, alimento e mesmo substrato secundario a unha gran variedade de organismos, converténdose nun microhabitat específico dentro dun ecosistema maior.

Algunhas algas son excelentes indicadores de determinados problemas ecolóxicos. Por exemplo, cando se ve un tapete de alfaces-do-mar ou de algas azuis nunha zona, iso é normalmente indicador de polución por exceso de efluentes nitroxenados.

Por veces, as algas planctónicas multiplicanse demasiado – normalmente en condicións de temperatura óptima e de nutrientes abundantes – formando o que se chama "flor-da-auga". Este fenómeno pode ser unha indicación de polución, como o indicado máis arriba, e pode levar á destrución da biodiversidade dunha masa de auga (lago, esteiro), unha vez que as algas que morren son decompostas, levando á diminución do osíxenio na auga. Mais pode tamén ser un fenómenos natural, que desaparece cando a temperatura muda e cando as algas consumen os nutrientes; nese caso, a poboación planctónica normalmente regresa aos niveis normais.

Un fenómeno semellante pero máis grave acontece cando determinados dinoflaxelados se reproducen nunha rexión mariña, formando o que se chama marea vermella. Nesta situación, estes organismos producen toxinas e poden provocar a morte dunha gran cantidade de peixes e mesmo de aves ou outros animais que se alimentan deles.

[editar] Recursos exteriores á Wikipedia

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com