Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Vento - Wikipedia

Vento

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outros significados de vento véxase Vento (homónimos)
Percorrido do vento Mistral
Agrandado
Percorrido do vento Mistral

O vento é corrente de aire que se xera atmosfera debido ás diferencias de presión. Os ventos globais xéranse como consecuencia do desprazamento do aire dende zonas de alta presión a zonas de baixa presión, determinando os ventos dominantes dunha área ou rexión. Aínda así hai que ter en conta numerosos factores locais que inflúen ou determinan os caracteres de intensidade e periodicidade dos movementos do aire. Estes factores, difíciles de simplificar pola súa multiplicidade, son os que permiten falar de ventos locais, os cales son en moitos lugares máis importantes cós de carácter xeral. Estes tipos de ventos son os seguintes:

  • Brisas mariñas
  • Brisas de val
  • Brisas de montaña
  • Ventos catabáticos. Ventos que descenden dende as alturas ao fondo dos vales producidos polo esvaramento ao ras de chan do aire frío e denso dende os elementos do relevo máis altos. Aparecen de forma continuada nos grandes glaciares, adquirindo enormes proporcións nos inlandse de Grenlandia e da Antártida, onde sopran a velocidades continuas que superan os 200 km/h motivadas pola ausencia de obstáculos que freen a súa aceleración.
  • Ventos anabáticos. Ventos que ascenden dende as zonas máis baixas cara ás máis altas a medida que o sol quenta o relevo.

O vento actúa como axente de transporte, intervén na polinización anemófila, no desprazamento das sementes. É tamén un axente erosivo.

A velocidade e/ou intensidade dos ventos adoita medirse utilizando a Escala de Beaufort.

Índice

[editar] Características físicas dos ventos

 Anemómetro, sensor de velocidade e dirección do vento
Agrandado
Anemómetro, sensor de velocidade e dirección do vento

O estudo sistemático das características do vento son moi importantes para:

  • Dimensionar estruturas de edificios como silos, grandes galpóns, edificacións elevadas, etc.;
  • Deseñar campos de xeración eólica de enerxía eléctrica;
  • Deseñar protección de marxes en encoros e os ribazos de montante nas presas.

A medición da velocidade e dirección do vento efectúase con instrumentos rexistradores denominados anemómetros, que dispón de dous sensores, un para medir a velocidade e outro para medir a dirección do vento. As medicións rexístrase en anemógrafos.

Para que as medicións sexan comparables coas medicións efectuadas noutros lugares do planeta, as torres cos sensores de velocidade e dirección deben obedecer a normativas estritas dictadas pola OMM - Organización Meteorolóxica Mundial.

[editar] Ventos con nome propio

  • Alisios
  • Nordés
  • Mistral
  • Siroco
  • Tramontana
  • Vento ávrego

[editar] Véxase tamén

  • Efecto Foehn

[editar] Enlaces exteriores

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com