Exclamación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Vocábulo ou secuencia lingüística que manifesta emoción, sorpresa ou ánimo.
- Figura retórica na cal se expresa de forma exclamativa un sentimento ou idea. Véxase exclamación retórica
- Signo de exclamación.
[editar] Trazos fonéticos das secuencias exclamativas
- Aumento da intensidade e calidade das sílabas fortes.
- Reforzo da articulación dos sons cando se manifestan sentimentos como a excitación, ou relaxamento da mesma cando predominan sentimentos relaxantes coma o pracer.
- Evolución da entoación por encima ou por baixo do ton medio da voz do que fala.
- Modificación do tempo medio, acelerando ou retardando.
[editar] Uso dos signos exclamativos
Emprégase nas oracións exclamativas e exhortativas. Hai dúas alternativas:
-
- Colocar o signo ! pechando a oración.
- Colocar o signo ¡ no inicio da oración, e o signo ! pechando a oración.