Eugenio López López
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Eugenio López López (Ourense, ?) foi un benefactor do concello de Sarria.
De familia de orixe sarriá, foi fiscal xefe en Toledo, Delegado Nacional de Xuventudes e Director Xeral de Ensino Primario en Madrid. Ao seu impulso débese a creación do Colexio Nacional Mixto Comarcal, hoxe Colexio de Ensino Primario "Frei Luís de Granada", e de unha Escola Fogar.
Foi nomeado fillo adoptivo de Sarria, sendo obxecto dunha multitudinaria homenaxe popular, con ocasión da inauguración do Colexio.