Dardanelos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dardanelos (turco: Çanakkale Boğazı), antigamente Helesponto, é un estreito no noroeste da Turquía ligando o Mar Exeo ao Mar de Mármara.
Así como o estreito de Bósforo, el separa a Europa (neste caso, a península de Gallipoli) da Asia. A maior cidade próxima ao estreito é Çanakkale, que ten o seu nome do seu famoso castelo (kale significa "castelo").
O estreito tivo un papel importante ao longo da Historia (por exemplo, a Guerra de Troia acontece no lado asiático do estreito). Os exércitos persas de Xerxes I e, mais tarde, o exército macedoniano de Alexandre o Grande atravesaron o estreito de Dardanelos en direccións opostas para invadir as terras uns dos outros.
Tendo unha importancia vital para a armada do Imperio Otomano para a sua dominación no Mediterráneo oriental, o estreito sofreu unha tentativa de invasión con innúmeras perdas humanas polos aliados durante a Primeira Guerra Mundial que case custou a carreira política de Winston Churchill (a Entente (Alianza) perdeu a batalla o 18 de marzo de 1915).