Cultura da Malaisia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A cultura da Malasia é moi rica, pois a súa sociedade é multicultural, con malaios, chineses e indios a compartillar o país. Os malaios son a maior comunidade, atinxindo o 60% da poboación. Son musulmáns, falan malaio (Bahasa Melayu) e son en gran parte responsábeis da orientación política do país.
[editar] Cultura por orixe
Os chineses forman cerca dun cuarto da poboación. Son principalmente budistas (Mahayana), taoistas ou cristiáns, falan os dialectos hokkien/fukien, cantonés, hakka e teochew e teñen unha historia de dominio dos negocios do país.
Os indianos forman preto de 10% da poboación. Son na maioría tamiles e telagus hindus do sur da India, falando tamil, telugu, malayalan e algún hindí, e viven principalmente nas grandes cidades da costa occidental da península. Tamén existe unha comunidade sikh de razoábel tamaño.
O resto da poboación está composta por eurasiáticos, camboxanos, vietnamitas e tribos indíxenas. A maioría dos eurasiáticos é cristiá. Os eurasiáticos, de ascendencia mestiza, portuguesa e malaia, falan un crioulo portugués chamado papia kristang. Outros eurasiáticos, de ascendencia mestiza, malaia e española, descendentes de emigrantes vidos das Filipinas, que viven principalmente en Sabah, falan o único crioulo español asiático, o chabacano.
Os camboxanos e os vietnamitas son principalmente budistas (os camboxanos da secta Theravada e os vietnamitas da secta Mahayana). O malaio é a lingua oficial do país, mais o inglés é moi falado.
A maior tribo indíxena en número son os iban de Sarawak, cuxo número sobe a máis de 600 000. Os iban que aínda viven en aldeas tradicionais na selva viven en casas longas ao longo dos ríos Rajang e Lupar e dos seus afluentes. Os Bidayuh (170 000) concéntranse na parte sudoeste de Sarawak. A maior tribo indíxena de Sabah é a dos Kadazan. Son principalmente agricultores de subsistencia cristiáns. Os Orang Asli (140 000), ou pobos aboríxenes, inclúen varias comunidades étnicas diferentes que viven na Malaisia Peninsular. Tradicionalmente cazadores-recolectores e agricultores nómadas, moitos foron sedentarizados e parcialmente absorbidos pola Malasia moderna. A pesar diso, continúan a ser o grupo máis pobre do país.
[editar] Música
A música tradicional malaia é fortemente influenciada por formas chinesas e islámicas. A música basease grandemente no xendang (tambor), mais inclui instrumentos de percusión (alguns feitos de conchas), o rebab (un instrumento de cordas con arco), o serunai (un instrumento de dupla palleta, semellante a un oboé), flautas e trompetas. O país ten unha forte tradición de danza e de tambores de danza, algunhas de orixe tailandesa, indiana e portuguesa. Outras formas artísticas inclúen o wayang kulit (fantoches de sombras), o silat (unha arte marcial estilizada) e artesanato como o batik, a tecelaxe, e traballos en prata e latón.