Coma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A coma (,) é un signo de puntuación que sinala unha breve pausa que se produce dentro do enunciado.
- Utilízase para separar os membros dunha enumeración, salvo os que veñan precedidos por algunha das conxuncións e, ou ou nin. Por exemplo:
- Teño cans, gatos, coellos e ratos.
- María volveu a casa, fixo os deberes, ceou e foise á cama.
- A coma entre oracións relacionadas entre si marca dentro do texto o final dunha delas e o comezo doutra:
- Os soldados saudaban, a xente aplaudía, e os nenos non paraban de cantar.
- As oracións subordinadas circunstanciais que preceden á principal deben de ser separadas desta por unha coma. No caso de que vaian inseridas no medio da principal deben de ir entre comas. Débese facer o mesmo cos complementos circunstanciais: Cando veñas outra vez á miña casa, chámame antes.
- Tamén se utiliza para delimitar unha aclaración ou inciso:
- Nacho, o meu curmán, acaba de conseguir o seu primeiro emprego.
- As locucións conxuntivas ou adverbiais, sexa cal for a súa posición, van precedidas e seguidas de coma, tales como: en efecto, é dicir, en fin, por conseguinte, no entanto, así a todo, porén e outras da mesma clase.
- Dáme iso axiña, é dicir, se che parece ben.
- Pasou unha má noite. Ao día seguinte, no entanto, aprobou o seu exame.
- O vocativo escríbese seguido de coma se vai ao principio da frase; precedido de coma se vai ao final; e entre comas se vai no medio.
- Carlos, ven aquí. Ven aquí, Carlos. ¿Sabes, Carlos, quen veu?
- A coma utilízase como signo decimal en gran parte do mundo non anglosaxón. Por exemplo
- 3,14159
No mundo anglosaxón e algúns países hispanofalantes, a coma emprégase en números grandes para separar os seus díxitos en grupos de tres, empezando pola dereita.
- $15,000,000
- As oracións explicativas que van dentro doutras sepáranse entre comas: Esas mozas, que tanto saltan, chegaron tarde.
- No período adversativo, se antes da conxunción hai unha pausa, márcase cunha coma: Estou certo, pero non o sei demostrar.dá:Komma