Cohesión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] O concepto de cohesión textual
Para que un texto teña coherencia, é necesario que os elementos que o conforma posúan cohesión:
- O feito de que un narrador omnisciente se confunda ó dicir o nome dun personaxe implica incoherencia e falta de cohesión).
- Se un narrador fai un percorrido espacial que resulta incoherente pois se contradí ó dicir, por exemplo, o número de andares que ten un edificio, a descrición carece de cohesión.
Así e todo, a ausencia de incoherencias -a pesar de que a súa presencia negue toda cohesión- non implica de seu cohesión. Hai unha serie de procedementos que aumentan a cohesión textual
[editar] Procedementos que cohesionan os textos narrativos
[editar] Procedementos de cohesión por repetición
É preciso referirse con frecuencia ós elementos ou procesos que manteñen unha presencia constante no texto: os personaxes, o espazo, determinadas accións,... A repetición pura e simple das palabras predominantes na mensaxe narrativa é un mecanismo de cohesión textual, e coñécese co nome de anáfora.
[editar] Procedementos de cohesión por substitución
A repetición dunha mesma palabra nun texto pode derivar en monotonía, e denota, así mesmo, pobreza de vocabulario. Para evitalo dispomos de variados recursos polos cales utilizamos outras palabras coas que garda relacións significativas e que non alteran ó substituíren a comprensión do texto e aportan cohesión, son:
- os deícticos: Os pronomes persoais, demostrativos, posesivos e adverbios absolutos de lugar e de tempo, realizan a función deíctica cando se refiren non está no texto senón no contexto.
- os fóricos: Dáse a substitución fórica, realizada polos pronomes persoais, demostrativos, posesivos de terceira persoa, relativos, cuantificadores, indefinidos e adverbios relativos, cando o elemento substituído está presente no texto.
- A palabra ou frase nominal substituída por fóricos denomínase antecedente. O habitual é que o antecedente preceda no texto ó seu substituto. Neste caso denomínase o substituto anafórico. Se o antecedente aparece logo do substituto, este chamarase catafórico.
- A sinonimia
- A hiperonimia
- Os eufemismos, perífrases e metáforas