Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Novela - Wikipedia

Novela

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] Etimoloxía

É, como no español e portugués, voz procedente do italiano novella, onde a palabra refería cada un dos relatos breves contidos en obras tales coma o Decameron (1353). Tanto o antigo francés novelle (mod. nouvelle) coma o italiano novella proceden do nominativo plural latino novella refeito como singular. No latín a forma singular, novellus derivaba de novus 'novo'. O inglés novel foi importado a través do francés antigo, con desprazamento acentual (de forma aguda para grave). A evolución semántica no galego, español, catalán e inglés é semellante. Comeza facendo referencia a contos ou relatos de curta extensión para acabar referindo un xénero de ficción no que se integran obras narrativas de extensión considerable. Este sentido actual da palabra correspóndese co do francés roman, portugués romance e italiano romanzo. Dada a necesidade de diferencias os dous xéneros literarios hoxe téndese a falar de novela longa, a novela por antonomasia, e de novela curta

[editar] Definición

Por novela enténdese en galego un relato complexo en prosa, normalmente extenso, que narra unha acción ficticia e expón relacións, accións e condutas humanas. Ata onde debe chegar a extensión é obxecto de disputa, como o é a complexidade que debe ofrecer a trama ficticia que a sustenta.

En xeral o termo refire toda obra literaria en prosa de carácter ficticio no que domina a narración tecida a partir de personaxes e accións enmarcados nun relato máis ou menos complexo. En toda novela hai unha trama ou asunto principal que pode ter varias subtramas e uns protagonistas que evolucionan ó longo da historia que se narra. Alén do predominio da narración como forma do discurso, a interacción entre os personaxes e o medio en que actúan constrúese a base de descricións e diálogos.

[editar] A orixe

As orixes da novela áchanse na riquísima literatura oriental e tardohelenística (do séc. II d. de C.), aínda que algúns estudiosos consideran que é un desenvolvemento do xénero épico. A tradición de obras épicas -producidas normalmente en verso- na cultura occidental retrotráese a Ilíada e Odisea de Homero na literatura grega e á Eneida de Virxilio na romana. Os antecedentes máis antigos localízanse tamén no Oriente Próximo. A Epopea de Gilgamesh que refire lendas sumerias é do século VII a.C.

En todo caso, as características determinantes do xénero novelístico na literatura occidental aparecen con antelación á propia aparición da palabra e constitúen o resultado dunha combinación de varios xéneros e tradicións literarias. Ademais da épica, a ficción grega e latina en prosa amosa tanto unha vea crítica e satírica (o caso do Satiricón de Petronio) como unha vea heroica e amatoria (o caso de Dafnis e Cloe de Longo). A tradición medieval do conto de xénese oral, que terían o correlato escrito e literario na novela (curta) serían o terceiro esteo da tradición novelística moderna que comezaría propiamente a partir do realismo da novela picaresca de feitío popular e da fantasía das novelas de cabalerías, herdeiras dos romances, épicas e narracións cabaleirescas medievais.

[editar] Tipoloxías

A novela é o reino da liberdade de contido e de forma: xénero proteico e aberto, tamén o máis cultivado e metamorfoseado con problemas de límite con outras formas verbais e non verbais: ensaio, reportaxe, cine, collage,...

Proteica na multiplicidade de formas e puntos de vista que presenta ó longo da historia, a novelá amósase inesgotable tanto nas súas posibilidades narratolóxicas coma na súa capacidade de suxestión e interpretación do mundo.

Clasificar este xénero supón ademais da necesaria amplitude de miras, encarar a diversidade de criterios de clasificación empregados polas distintas tipoloxías propostas:

  • Polo ton que mantén a obra, fálase de:
    • novela satírica
    • novela humorística
    • novela didáctica...
  • Segundo o público ó que chegue e o modo de distribución fálase de:
  • Atendendo ó contido, as novelas poden ser:
    • de aventuras: Nela predomina o interese pola acción. Relata sucesos extraordinarios, accións perigosas, e emocionantes, xeralmente nun escenario insólito ou exótico.
    • bizantina: narra viaxes nas que se suceden aventuras complicadas, separacións e encontros de personaxes, recoñecementos casuais, cun ton de sucesos extraordinarios.
    • costumista: describe as formas de vida cotiá dun grupo social: costumes, personaxes típicos...
    • histórica: reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os caracteres, os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción con acontecementos históricos.
    • pastoril: de forma convencional e artificiosa, reflicte a vida, idealizada e irreal, duns pastores, que pasan as súas horas nunha paisaxe tópica.
    • picaresca: con forma autobiográfica, un narrador protagonista de orixe dubidosa relata a súa vida de adversidades, nun desexo continuo de saír da miseria.
    • social: diminúe no posible a descrición de vidas individuais, substituíndoas por unha colectividade. A súa actitude é crítica, con afán de denunciar situacións, ambientes e modos de vida dun grupo.
    • de cabalerías: a que conta xestas dos cabaleiros andantes.
    • de ciencia ficción: a que, inspirándose nos progresos da técnica, narra cousas extraordinarias do futuro.
    • policial (tamén denominada policíaca): a que se basea nun crime e no seu esclarecemento.

Hai que engadir a esta lista outras tipoloxías que toman como criterio o estilo da obra e entón fálase de novela realista, naturalista, existencial, etc. ou os argumentos:psicolóxica, de tese,...

[editar] Listaxe de Novelas da Literatura Universal

[editar] Antigüidade clásica grega e latina

[editar] O século XIV

[editar] O século XV

  • 1456: O pequeno Xohán de Saintré, de Antoine de la Sale, francés
  • 1485: A morte de Artur, de Thomas Malory, inglés
  • 1490: Tirante o Branco, de Joanot Martorell, catalán, novela de cabalerías

[editar] O século XVI

[editar] Século XVII

[editar] Século XVIII

  • 1749: Tom Jones, de Henry Fielding
  • 1760: Tristram Shandy, de Laurence Sterne
  • 1761: Xacobe, o fatalista de Denis Diderot
  • 1762: A nova Heloísa, de Jean-Jacques Rousseau
  • 1774: Os Sufrimentos do xove Werther, de Goethe
  • 1791: Xustina ou as desgrazas da virtude do Marqués de Sade

[editar] Século XIX

[editar] Século XX

[editar] Século XXI

[editar] Véxase tamén

Xénero

Xénero (literario)

Modalidade narrativa

Narración

Narratario

Novela de xénero

Wikibooks logo
Galilibros ten un manual sobre:
Traballo en progreso: Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com