Claus Sluter
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Claus Sluter (? - 1405 ou 1406). Escultor
Sluter probablemente traballou en Bruxelas antes trasladarse a Dijon onde foi entre os anos 1385 e 1389 axudante de Jean de Marville, escultor da corte do duque de Borgoña e asumiu o cargo tras a morte do seu mestre.
Foi o máis importante escultor do norte de Europa da súa época, reaccionou contra o estilo preciosista imperante, restaurou a escultura figurativa á súa escala clásica imprimindo pleno realismo no resto e actitudes das súas creacións, indepéndizandoas de forma absoluta do marco escultórico no que se insiren.