Chuvia de meteoros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As chuvias de meteoros son fenómenos astronómicos que se producen cando a Terra atravesa os restos da cola dun cometa, o que produce que durante uns días vese un gran número de meteoros, que parecen irradiar todos dun punto chamado radiante.
Índice |
[editar] Principais chuvias de meteoros
Estas son as chuvias anuais máis notables:
- Cuadrántidas (xaneiro)
- Líridas (abril)
- Perseidas (agosto)
- Oriónidas (outubro)
- Leónidas (novembro)
- Xemínidas (decembro)
[editar] Parámetros que caracterizan unha chuvia de meteoros
- Radiante: é o punto do ceo do cual parecen saír os meteoros dunha chuvia. Mídese mediante as coordenadas Alfa e Delta. Alfa é a ascensión recta e Delta é a declinación.
- Taxa Horaria Zenital (THZ): é o número máximo de meteoros por hora observables en condicións ideais (un ceo perfectamente claro co radiante da chuvia xusto sobre a cabeza).
- Índice poblacional: relación da distribución de magnitudes (brillo) dunha chuvia de meteoros.