Christiane Nüsslein-Volhard
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Christiane Nüsslein-Volhard (1942 - ) é unha bióloga alemá, xunto con Eric Wieschaus, conduciu un espectacular e exitoso proxecto de mutaxénese a grande escala que iluminou o programa de desenvolvemento embriónico da mosca da froita (Drosophila melanogaster).
A bioloxía molecular é tradicionalmente feudo de pequenos laboratorios e experimentos que amosan principios ou exemplos de posible significación xeral. A norma son experimentos que mostran a actividade dun xene ou a acción dunha proteína. Por outra parte, a vixiancia de complexos biolóxicos son relativamente raros. Pero xenetistas como Nüsslein-Volhard foron máis ambiciosos, desenvolvendo coleccións de organismos mutantes que serven para fundamentar a investigación de procesos completos e ás veces, o traballo de moitos investigadores.
As moscas da froita foron longo tempo o cabalo de batalla da xenética polo seu pequeno tamaño, pequeno tempo de crecemento e complexidade vital. O rico conxunto de ferramentas e coñecemento preexistente continúa a fertilizar traballos posteriores. O que Nüsslein-Volhard e Wieschaus fixeron foi xerar mutacións aleatorias en xenes individuais e coller os representativos con descendentes amosando efectos letais durante o desenvolvemento embriónico (por exemplo, defectos de nacemento en moscas).
Desenvolveron unha vasta colección mutantes malformados, moitos con nomes descritivos como ourizo, lisiado e pepino. O estudo deses mutantes e as súas interaccións levou a importantes novas percepcións do desenvolvemento temperá da Drosophila, de xeito especial os mecanismos que subxacen ós segmentos corporais, o que influenciou direitamente estudos sobre segmentación en mamíferos, o que (de xeito menos obvio) é central no noso desenvolvemento e é aínda evidente na nosa columna vertebral.