Bluetooth
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables.
Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requerimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática. A última versión dispoñible e a 2.0, pero a máis popular é aínda a anterior, a 1.2 .
O nome procede do rei danés Harald Blåtand que traducido ao inglés sería Harold Bluetooth.