Ebooks, Audobooks and Classical Music from Liber Liber
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z





Web - Amazon

We provide Linux to the World


We support WINRAR [What is this] - [Download .exe file(s) for Windows]

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
SITEMAP
Audiobooks by Valerio Di Stefano: Single Download - Complete Download [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Alphabetical Download  [TAR] [WIM] [ZIP] [RAR] - Download Instructions

Make a donation: IBAN: IT36M0708677020000000008016 - BIC/SWIFT:  ICRAITRRU60 - VALERIO DI STEFANO or
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
IBM - Wikipedia

IBM

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

International Business Machines Corporation, máis coñecida como IBM é unha compañia con sede en Armonk, Nova Iorque - New York, Estados Unidos de América. A compañia fabrica e vende ordenadores, software, e servicios.

Está presente en 170 países e conta con 300,000 empregados e activos valorados en máis de cen mil millóns de dólares (2005). É a maior compañía de tecnoloxía da información no mundo e unha das poucas con actividade dende o século XIX. As súas actividades abranguen todas as ramas da informática e da tecnoloxía da infomación: investigación, tecnoloxía, software e finanzas. Lidera a investigación en diversas áreas como na nanotecnoloxía e en ordenadores maiframe.

Samuel J. Palmisano ostenta o cargo CEO dende o 1 de xaneiro de 2002.

No ano 2002 adquiriu a sección de consultoría da firma de servicios PricewaterhouseCoopers, dirixindo os seus negocios a consultoría para empresas, servicios e software, mantendo especial relevancia tamén a tecnoloxías de hardware e chips de gama alta. A rama de investigación, IBM Research, conta con oitenta laboratorios no hemisferio norte, a metade deles fora dos Estados Unidos. Entre os seus empregados pódense contar cinco premios Nobel. Posúe tamén máis de 25.000 patentes no seu país de orixe, sendo este unha das principais fontes de ingresos da compañía.

[editar] Historia

IBM creouse o 15 de xullo de 1911 en Binghamton (Estados Unidos) fusionando tres empresas: Tabulating Machine Corporation, Computing Scale Corporation e International Time Recording Company. Á empresa chamouselle Computing Tabulating Recording Corporation (CTR), mais o 14 de febreiro de 1924 CTR cambiou o seu nome a International Business Machines Corporation,(IBM).

As empresas orixinarias de CTR fabricaban unha ampla gama de productos, dende sistemas para control de traballadores ate equipos automatizados para o corte de carne. Fabricaba ademáis equipos para a xestión de tarxetas perforadas, que mais adiante serían chaves no desenrolo dos ordenadores. Co tempo CTR traballaría só neses equipos e deixaría de producir o resto de productos.

Durante a Segunda Guerra Mundial a subsidiara alemana Dehomag, suministrou ao réxime nazi perforadoras de tarxetas e equipos relacionados. IBM ten procesos abertos por estes feito, ainda que a empresa afirma que non tiña control sobre a súa filiar.

Tamén durante a Segunda Guerra Mundial comezou a investigar no eido da informática. En 1944 rematou a construcción do Automatic Sequence Controlled Calculator -Calculadora Controlada de Secuencia Automática-, tambén coñecida como Mark I. O Mark I foi a primera máquina capaz de executar cálculos complexos automáticamente, e estaba baseada en interuptores electromecánicos.

En 1952 IBM creou o IBM 701, o primeiro gran ordenador baseado en válvulas de vacío, tecnoloxía que substituiu ao interruptores electromecánicos. En 1959 os transistores comezaron a empregarse no canto das válvulas de vacío. Un dos primeiros ordenadores de IBM baseados en transistores foi o IBM 7090. Ate entón entonces os ordenadores empregábanse en centros de investigación e institucións públicas. A millora acadada coas válvulas e os transistores fixo que algunhas grandes empresas escomenzaran tamén a empregalos.

O primeiro sistema de almaceamento informatico baseado en disco, o RAMAC, e a linguaxe de programación FORTRAN foron creados por esta empresa en 1957. O RAMAC é o predecesor dos discos duros actuais, e estaba formado internamente por cincuenta discos.

A comenzos dos anos 60, IBM empezou a adicarse somentes o campo da informática, deixando a fabricación de equipos para traballar con tarxetas perforadas e de máquinas de escribir, que comezara a fabricar a mediados dos anos 30.

O 7 de abril de 1964 IBM lanzou o System/360, a primeira arquitectura de ordenadores que permitía intercambiar os programas e periféricos entre os distintos compoñentes da arquitectura.

O éxito de IBM a mediados dos anos 60 fixo que a empresa fora investigada por monopolio. Nun xuizo iniciado en 1969 acusouselle de tentar monopolizar o mercado de dispositivos electrónicos de propósito xeral, contretamente o mercado de ordeadores empresariais. O xuizo finalizou en 1983 e fixo modificar as prácticas empresariais da compañía.

Durante a década dos 70 IBM creou novos dispositivos informáticos. En 1971 inventou o disco flexible e pouco despois escomezou a comercializar os predecesores dos actuais lectores de códigos de barras e caixeiros automáticos.

No ano 1981 IBM creou o IBM PC, o ordeador personal de máis éxito de tódos os tempos. Este éxito non era esperado por IBM, que creou o PC mercando compoñentes de gama baixa a outros fabricantes, algo que non fixera ate ese momento. Ademáis o sistema operativo do IBM PC non foi creado por IBM, senon que o mercou a Microsoft.

Debido a que non estaba creado dende as orixes por IBM, non tardaron en aparece ordenadores compoatibles co IBM PC pero fabricadas por outras empresas, e Microsoft escomezou a crecer ao vender licencias do sistema operativo a estes fabricantes.

O 19 de xaneiro de 1993 IBM anunciou unhas perdas de casi ocho mil millóns de dólares, o que foi a maior perda sufrida por unha empresa de toda a historia dos Estados Unidos. Parte de esas perdas déberonse a que o IBM PC absorveu gran parte do mercado de ordenadores máis potentes e que o fabricantes de versións compatibles tiñan unha cota de mercado cada vez maior. IBM iniciou entón una transformación a unha empresa de servicios, reducindo a súa dependencia económica da venda de hardware. No ano 2003, a metade dos ingresos da compañía proceden da rama de servicios, mentres que a venda de equipos supón aproximadamente o trinta por cento.

[editar] Ligazóns externas

Our "Network":

Project Gutenberg
https://gutenberg.classicistranieri.com

Encyclopaedia Britannica 1911
https://encyclopaediabritannica.classicistranieri.com

Librivox Audiobooks
https://librivox.classicistranieri.com

Linux Distributions
https://old.classicistranieri.com

Magnatune (MP3 Music)
https://magnatune.classicistranieri.com

Static Wikipedia (June 2008)
https://wikipedia.classicistranieri.com

Static Wikipedia (March 2008)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com/mar2008/

Static Wikipedia (2007)
https://wikipedia2007.classicistranieri.com

Static Wikipedia (2006)
https://wikipedia2006.classicistranieri.com

Liber Liber
https://liberliber.classicistranieri.com

ZIM Files for Kiwix
https://zim.classicistranieri.com


Other Websites:

Bach - Goldberg Variations
https://www.goldbergvariations.org

Lazarillo de Tormes
https://www.lazarillodetormes.org

Madame Bovary
https://www.madamebovary.org

Il Fu Mattia Pascal
https://www.mattiapascal.it

The Voice in the Desert
https://www.thevoiceinthedesert.org

Confessione d'un amore fascista
https://www.amorefascista.it

Malinverno
https://www.malinverno.org

Debito formativo
https://www.debitoformativo.it

Adina Spire
https://www.adinaspire.com