User talk:Basilio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia Basilio, sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores á wikipedia galega que nos axuden a ampliar e mellorar este wiki. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:36, 22 abril 2006 (UTC)
[editar] Galería de imaxes de Mugardos
Ola, Basilio. Gustáronme moito as fotos da Galería de imaxes de Mugardos, de feito, subinas a Commons (Commons:Ría de Ferrol). Quería agora crear a páxina Commons:Mugardose colocar alí aquelas en que se vexa o concello de Mugardos. A miña familia é de Fene e quería preguntarche se en tódalas fotos se ve o Concello de Mugardos, e se algunha podería ser colocada no Concello de Ferrol (en Commons), Fene,...
- RESPOSTA:
- Si miras as ultimas fotos, veràs que Fene se ve au lonxe na brétema.
- Eu so nativo de Mugardos pro agora estoun vivindo na França desde fait so 40 anos!!!
Basilio 16:44, 24 abril 2006 (UTC)
Por certo, agradeceríache que subises as fotos a Commons, posto que é un almacén de imaxes e outros medios que se poden empregar na Galipedia talmente coma se subises esas imaxes na Galipedia; e evítasme o traballo de telas que subir a Commons e duplicalas--Lmbuga 23:39, 23 abril 2006 (UTC)
- RESPOSTA:
- O meu problema é que non sei como facer. Podes dicirme como? Moitas grazas!
Basilio 16:44, 24 abril 2006 (UTC)
- Na imaxe 1550-Ria_entrada.JPG incluín a caixa de información necesaria para identificar as imaxes, supuxen que o autor da imaxe eras ti, se non fose así habería que cambialo. Comproba tamén a data para ver se é a correcta. Unha vez feitas as comprobacións podes usar esa caixa para cada unha das imaxes que carregues na Galipedia, basta con copiar e pegar o código facendo as variacións precisas. Grazas por carregar as imaxes de Mugardos na Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:49, 24 abril 2006 (UTC)
- RESPOSTA:
- Ben feita a tua suposicion, a data et correcta e grazes pola tua axuda.
- Perdona si o meu galego non é moi literario, vou intentar xunguirme nel. Un cordial grande saúdo. Basilio 16:44, 24 abril 2006 (UTC)
- É unha boa nova e unha sorte ter un colaborador con coñecementos de francés, supoño que cando teñamos algunha cuestión ou dúbida relacionada cos artigos sobre Galicia na wikipedia francesa recurriremos a ti —se non che parece mal—. Sobre o tema de Commons (un repositorio de imaxes comúns a todas as wikipedias), polo de agora segue caragando as imaxes aquí xa nos encargaremos nós de subilas a Commons e no futuro xa che explicaremos como se fai. Para finalizar dicir que esperamos que permanezas colaborando connosco moito tempo e que é unha ledicia que os galegos espallados polo mundo se fixen na Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:08, 24 abril 2006 (UTC)
- RESPOSTA:
- Amigo Prevert, ben seguro que podes contar conmigo, et ben disposto estou a colaborar con todos vos, sempre dentro das posibilidades d'un galego espallado. Moitas grazas pola acollida na Galipedia.
- Un cordial saúdo.Basilio 16:33, 25 abril 2006 (UTC)
[editar] Ferrol
- Os nomes oficiais das comarcas galegas están en Comarcas de Galicia. Pode existir un artigo distinto dese chamado Ferrolterra pero mover a páxina, ademais do dito antes, produce problemas e a desaparición dalgunha das imaxes da páxina. --Moderador 16:11, 9 maio 2006 (UTC)
[editar] Image:Mugardos-Entrecastelos 800x600.jpg
Ola Basilio. Estiven vendo as imaxes que cargaches e observei que a unha delas (Image:Mugardos-Entrecastelos 800x600.jpg) lle falta o datos de copyright. Como xa sabes, as imaxes teñen que posuír os datos da táboa de información para non ser borradas. Agradézoche de antemán a atención. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:10, 2 xuño 2006 (UTC)
- RESPOSTA
Ola Lmbuga: Sinto moito non poder dar os datos da imaxe, pous iso foi un travallo personal d'unha foto recuperada et modificada cun sofware de retoque et un scaner. Pareceume unha moi boa vista da ria, eu quixen aproveitala. Podes retirala quando tu queiras xa que como ti dis non est convencional. Recebe un cordial saudo. Padin 16:14, 8 xuño 2006 (UTC)
[editar] Galicia / Galiza
Ola Basilio, como vin que preguntaches en dúas páxinas distintas o mesmo quizais non viches a resposta en Talk:Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Copio aquí a resposta:
-
- Na páxina sobre Wikipedia:Política e normas:Toponimia temos os criterios sobre a utilización de Galicia e Galiza, ambos termos poden usarse indistintamente. Nos títulos das páxinas úsase só Galicia aínda que temos algunhas páxinas de vello con Galiza no título. Se unha persoa esribe Galiza no corpo do artigo e outra persoa fai un cambio por Galicia desfacemolo, se escribe Galicia e outro trocao por Galiza tamén o desfacemos. En canto ao artigo Galicia, débese usar só Galicia no corpo do artigo e no artigo Galiza só Galiza no contido do artigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:02, 16 xuño 2006 (UTC)
Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:42, 18 xuño 2006 (UTC)
- Ola Prevert, quedo enterado et satisfeito coa tua resposta. Moitas grazas e un cordial saúdo. Padin 16:18, 20 xuño 2006 (UTC)
[editar] Image:Mugardos-Entrecastelos 800x600.jpg
Vin que lle engadiches unha licenza á imaxe Image:Mugardos-Entrecastelos 800x600.jpg, pero amais diso é preciso que indiques a orixe da imaxe, é dicir, quen fixo a foto?, de onde a tiraches?, es ti o autor? A aclaración colección persoal non é suficiente, pois non indica autoría. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 21:17, 11 xullo 2006 (UTC)
- Sinto non poder satisfacer todas as condicions que tu me pides, pois como podes imaxinar esto foi un traballo cum scanner sacado de unha postal.
Grazas polo aviso é perdoname as molestias. Un cordial saúdo de Padin 13:42, 12 xullo 2006 (UTC)
-
- Ben, en realidade a imaxe está sacada dunha web miña que teño abandoada dende fai dous anos. En concreto, da sección Fondos de escritorio. Non teño problema ningún en que se use, pero que non se diga que foi escaneada dunha postal.--Artritris 00:28, 22 agosto 2006 (UTC)
[editar] http://fr.wikipedia.org/wiki/Image:Gouvernement-provisoire.jpg
Ola Basilio, vou ir primeiramente ó gran, porque a cousa é complicada de explicar. ¿Es ti http://fr.wikipedia.org/wiki/Utilisateur:Basilio?
O motivo desta pregunta é o seguinte. Albert galiza subiu á Galipedia a imaxe Image:Gouvernement provisoire.jpg, que presenta un erro considerable na licenza (ten dúas licenzas incompatibles). Pero a imaxe de Albert galiza ten orixe. A miña sorpresa é que a orixe estaba en fr.wiki (http://fr.wikipedia.org/wiki/Image:Gouvernement-provisoire.jpg), tiña tamén dúas licenzas, incompatibles, e fora subida por un usuario con certo dominio do galego (pon un nivel 2) que se chama Basilio.
Pregúntoche se es ti, para, no caso que sexas, saber de onde saíu a imaxe e saber o que debemos facer con ela.
Sexa como sexa, indicarche que o traballo que estás facendo é excepcional, e que estás a ser un dos colaboradores nos que os demais temos maior confianza. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:19, 22 xullo 2006 (UTC)
- RESPOSTA
Ola Lmbuga, O nome de usuario Basilio (User:Basilio) na Galipédia fracofona, corresponde ben au mesmo usuario da Galipedia (Padin), neste caso eu mesmo. Confirmo que foi subida de: http://estadistica.net/Gobiernos/azana-imagenes.html
E como podes imaxinar, ô erro é tamen que esta foto deberia baixarse con unha lizenza PD-old dado ô tempo pasado (mais de 70 anos), ou ben Template:GFDL-self para ser, por asi dicir un retoque da imaxe pretedida orixinale. Esto é tudo ô que eu podo dicirche por a miña parte, mais si ti cres que esta imaxe non entra na legalidade wikipédiana, pois suprimimola é, eiqui non pasou nada Grazas po lo aviso, e como as vacacions xa están a volta da esquina, aproveitando para desexarche unhas felices vacacións e ata setembro ou outubro. Un cordial saúdo, Padin 15:36, 25 xullo 2006 (UTC)
[editar] Image:Rias Altas-mapa.png
Ola Basilio. Observo que fixeches unha imaxe sobre as rías altas Image:Rias Altas-mapa.png, ó meu parecer máis agradable cás que fixen eu. Pero cargaches dúas previamente que deben ser probas: Image:Rias Altas.png e Image:Rias Altas.gif. ¿Desexas que borre estas dúas útimas?. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:29, 1 agosto 2006 (UTC)
- RESPOSTA
- Sen dubida algunha, podes borrar esas duas ultimas imaxes, que non foron mais que probas incompletas. Un cordial saudo Padin 14:20, 3 agosto 2006 (UTC)
[editar] Wikipedia:Xornal da GalipediaWikipedia:Xornal da Galipedia
Ola Basilio!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)
[editar] Image:Genealog.png
Ola Basilio, estiven buscando na enciclopedia francesa a orixe desta imaxe e dei con ela. Incluín os datos da licenza e a orixe. Agradeceríache que cando subas unha imaxe engadas, cando menos, a orixe, pois me aforras traballo. Grazas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:42, 14 outubro 2006 (UTC)
[editar] Image:Minas-armas00.jpg
Ola de novo. Non dei localizado esta imaxe. Estamos retirando as imaxes con datos insuficientes dos artigos por temor a ofrecermos ó público violacións dos dereitos de autor. Así que estea clara a súa orixe, de xeito que se poida comprobar a licenza, agradeceríache que a colocases de novo na páxina correspondente.
No seu lugar, para que a páxina non estivese baleira coloquei 2 fotos e 2 ligazóns a Commons.
Por outra banda, resúltame un tanto estraña a denominación Mina-arma. ¿Non sería preferible Mina (arma) como se soe facer nos máis dos artigos? Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 20:46, 17 novembro 2006 (UTC)
- Ola de novo. O dicionario enciclopédico de Sopena (creo que o teño), impreso no ano 1963, non está no dominio público. Que a publiquemos implica -moitas imaxes con copyright teñen moita calidade e lle acaen moi ben ós artigos, e non se poden publicar- transgredir a lexislación vixente. Eu teño imaxes de 192tantos de Santiago de Compostela que non poden ser subidas ata 204tantos.
O "en:fair use" ou uso lícito non está tampouco aceptado na lexislación española. En España non se permite o fair use.
Síntoo: A imaxe ten que ser borrada, salvo que haxa unha orixe previa que estea no dominio público, nese caso poderase volver subir. Sinceramente, non me é grato dar estas comunicacións, pero borrar estas imaxes é importante para a estabilidade deste proxecto. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:14, 19 novembro 2006 (UTC)
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:SP ContraAlmirante.gif, cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.
Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.
Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí
Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes
-
- Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.
Lmbuga Commons - Galipedia 15:38, 25 novembro 2006 (UTC)
[editar] 20.000 artigos
Ola Basilio. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:34, 6 decembro 2006 (UTC)
[editar] Maine
Hola Basilio. He estado leyendo tus artículos sobre el hundimiento del Maine y estaba pensando en traducirlos al castellano. Sin embargo, me gustaría saber qué fuentes has utilizado para escribir los artículos. Gracias --Ecemaml (talk to me) 16:10, 12 decembro 2006 (UTC)
- Muchas gracias, creo que voy a traducir unos artículos estupendos. Un saludo --Ecemaml (talk to me) 19:34, 12 decembro 2006 (UTC)