Bari
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bari é a capital da provincia de Bari e da rexión da Apulia, Italia, localízase na costa do Adriático. Ten 326.201 habitantes.
[editar] Historia
Bari na época romana era un porto, encrucillada entre a estrada costeira e a Vía Traiana que os romanos converteron en municipium. Entre 840 e 870 estivo en poder dos musulmáns, ata que foi conquistada polos bizantinos, e a cidade convértese no centro principal italiano do Imperio de Oriente. En 1071 a cidade pasa a poder dos normandos.