Azul
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O azul é unha das tres cores-luz primarias, e cor-pigmento secundaria, resultado da superposición dos pigmentos ciano e maxenta. Atópase na faixa 470nm do espectro de cores visíbeis.
Sinónimos: cerúleo, cárdeo, celeste, azur, zafiro.
[editar] Coordenadas aproximadas da cor
Triplete hexadecimal | #0000ff |
RGB (r, g, b) | (0, 0, 255) |
CMYK (c, m, y, k) | (100%, 100%, 0, 0) |
HSV (h, s, v) | (240, 100, 100) |
[editar] Uso, simbolismo e expresións coloquiais
O azul acostuma estar asociado á frieza, depresión, monotonía. E, por iso mesmo, tamén á paz, á orde, á harmonía. Entre os matices, é o menos expansivo aos ollos.