CMYK
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
CMYK é a abreviatura do sistema de cores subtractivas formado por Ciano (Cyan), Amarelo (Yellow), Maxenta (Magenta), e Negro (blacK). É utilizado en medios que teñen fondo branco, como as impresións en papel. CMY é a mesma cousa, porén sen a cor negra.
As cores son as complementarias do sistema RGB e a súa mestura forma o negro. A cor negra (preta), que tamén pertence ao conxunto, é para facilitar unha mellor calidade.