Atás, Cualedro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aldea do concello de Cualedro, e cabeceira da parroquia de Santa María de Atás. O topónimo ten a sua orixe nun radical de orixe xermánico que quer decir "pai", e ten relación con antropónimos como Ataulfo, Atila, Atanaxildo, etc.
Durante a Idade Media, Atás estivo baixo a xurisdicción de Celanova. Consérvase a casa reitoral, que foi en tempos un cenobio dependente da casa matriz. Os benedictinos (ou bieitos, como son coñecidos na zona) contribuíron ó avance económico e tecnolóxico do traballo do campo, establecendo métodos de explotación cun gran grao de colectivización e construíndo infraestruturas de regadío, como o chamado "caño de Chamusiños", que aínda se pode atopar malia que estea en moi mal estado.
[editar] Lugares de Atás
Lugares da parroquia de Atás no concello de Cualedro (Ourense) | |
---|---|
Atás | As Corvaceiras | As Estibadas |
[editar] Parroquias de Cualedro
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cualedro | |
---|---|
Atás (Santa María) | Baldriz (San Bartolomeu) | Carzoá (San Roque) | Cualedro (Santa María) | Lucenza (Santa María) | Montes (Santa Baia) | Rebordondo (San Martiño) | San Millao (Santa María) | Vilela (Santiago) | A Xironda (San Salvador) |