Aspecto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O aspecto gramatical, en lingüística, é unha propiedade que posúen os verbos e as perífrases verbais para sinalar o tempo interior da acción ou resaltar unha fase do seu desenvolvemento interior por enriba das demais, caracterizando así o transcurso do tempo dos acontecementos descritos.
Cabo resaltar que o aspecto lingüístico diferénciase do tempo, en que mentres o tempo sinala o momento en que algo ocorre respecto de todo o demais, o aspecto especifica o tempo interior da acción ou a fase de desenvolvemento ou modificación da mesma que destaca sobre todas as demais, tanto na conxugación regular en que se reflicte o 'grao de terminación' do acontecemento, isto é, se posúe un aspecto perfectivo ou perfecto, que sinala a acción acabada no tempo de que se trate, como o aspecto imperfectivo ou imperfecto, que sinala acción inacabada no tempo exterior de que se trate. A chamada conxugación perifrástica ou por perífrase expresa os outros matices de aspecto, menos importantes ca estes .
En galego, así como en moitas outras linguas, os distintos aspectos constrúense combinando verbos auxiliares e formas non persoais. A continuación, expóñense distintos aspectos que se empregan en distintas linguas do mundo:
- Habitual: 'Eu paseo ata a miña casa dende o traballo.' (tódolos días) : 'Eu adoitaba pasear ata a miña casa dende o traballo.' (pasado habitual)
- Perfecto: 'I have/had gone to the cinema.'
- Imperfecto: 'I went to the cinema.'
- Imperfectivo: 'I'm going home.' (A acción aínda está en marcha)
- Perfectivo: 'Eu fun a casa.' (A acción xa terminou)
- Progresivo: 'Estou comendo.'
- Prospectivo: 'Vou comer dun momento a outro.'
- Inceptivo: 'Estou empezando a comer.'
- Continuativo: 'Eu continúo comendo.'
- Terminativo: 'Estou terminando para comer.'
- Incoativo: 'O meu nariz comeza a pórse vermello.' (do frío)
- Cesativo: 'Estou deixando de fumar.'
- Pausativo: 'Parei de traballar un intre.'
- Resumptivo: 'I resumed sleeping.'
- Puntual: 'Eu durmín.'
- Durativo: 'Eu durmín unha hora.'
- Delimitativo: 'Durmín un intre.'
- Protractivo: 'The argument went on and on.'
- Iterativo: 'Leo os mesmos libros unha e outra vez.'
- Frecuentativo: 'Vou moi a miúdo a clase.'
- Experiencial: 'Fun a clase moitas veces.' 'Teño ido a clase'
- Intencional: 'Escoitei coidadosamente.'
- Accidental: 'I knocked over the chair.'
- Xenérico: 'Mangos grow on trees.'
- Intensivo: 'It glared.'
- Moderativo: 'It shined.'
- Atenuativo: 'It glimmered.'
Moi poucas linguas diferenzan os aspectos intencional e accidental. Bats (glotónimo en inglés) é unha delas e aplica esta diferenza aspectual só en 6 verbos. Compara «xo wodze» («Caínme accidentalmente») e «as wodze» («caínme intencionadamente ou por algo que eu fixen»). Nalgunhas linguas, como o ruso, o aspecto está aínda máis marcado có tempo. O ruso emprega unha morfoloxía verbal en lugar de crear formas perifrásticas como o inglés. No árabe apréciase un contraste entre o aspecto dinámico e o estático.