Artur Tudor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Artur Tudor, Príncipe de Gales (20 de setembro de 1486 - 2 de abril de 1502) foi o fillo máis vello e herdeiro de Henrique VII de Inglaterra e Isabel de York. Henrique VII deu a a seu fillo o nome de Artur en homenaxe ao heroe da lenda arturiana, en parte como símbolo das súas esperanzas nun renacemento da grandeza inglesa, e en parte para reafirmar as relacións da dinastía Tudor con Gales.
Duque de Cornualla dende o nacemento, investido como Príncipe de Gales e Conde de Chester en 1489. Cando tiña dous anos acordouse o seu casamento con Catarina de Aragón. A cerimonia celebrouse en novembro de 1501, e os noivos pasaron a residir en Ludlow, na fronteira entre Inglaterra e Gales. Artur morreu na primavera do ano seguinte, sen descendencia. Os seus títulos, muller e posición de herdeiro da coroa herdounos o seu irmán máis novo, o futuro Henrique VIII de Inglaterra.