Arona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arona é unha comuna de 14.310 habitantes da provincia de Novara, no Piemonte, Italia. Situada nas beiras do lago Maggiore.
[editar] Lugares
Dagnente, Mercurago, Montrigiasco, Campagna, San Carlo e Arona.
[editar] Historia
O descubrimento de restos arqueolóxicos na locadidade de Lagoni, preto de Mercurago testemuña a existencia dun asentamento de palafitas entre os séculos XVIII e XIII a.C.
No século XI fundouse unha abadía bieita que sería a orixe da cidade actual. Cando Federico Barbaroxa destrúe Milán en 1162 o castelo de Arona, que dependía do arcebispo de Milán, serviu de refuxio a boa parte dos habitantes da cidade.