Aritmética
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parte das matemáticas que estuda os números e as operacións que se fan con eles. Consiste nos rudimentos elementais que se aprenden na escola primaria e forma parte do quadrivium ensinado por Alcuíno na Academia Palatina.