Alxén, Salvaterra de Miño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Paio de Alxén é unha das parroquias de maior tamaño e importancia do concello de Salvaterra de Miño. Localízase na parte norte do concello, a medio camiño entre Salvaterra e Salceda de Caselas. Alxén econtrase a 20 minutos do centro de Vigo, a 15 minutos do aeroporto de Peinador, a só 3 minutos do futuro porto seco de Oleiros.
Debido a está sitación estratéxica estas terras sufren un enorme atractivo para usos residenciais. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 709 habitantes (357 mulleres e 352 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 753 habitantes. Pero en realidade na localidade viven ó redor de 1000 personas.
O 26 de xuño é a data da celebración da festa na honra do patrón da Aldea, San Paio. O segundo fin de semana de agosto teñen lugar as festas de mais importancia e duración na honra da Virxe das Dores.
Arquitectonicamente resaltan a igrexa, de estilo gótico, ou a capela de Santiago Apóstolo situada no barrio de Grixo. Tamén neste barrio encóntrase un fermoso pazo típico galego do século XIX. Na actualidade este pazo e as viñas do seu redor conforman as adegas de viño Lusco do Miño.
A parroquia de Alxén está atravesada por lo río Tea, o principal afluente do Miño no seu curso baixo. Na zona denominada O Cordeiro está situada una espectacular praia fluvial que conta con zonas de sombra con mesas e asadeiros. Tamén en O Cordeiro emprázase o campo de slalom de piragüismo do concello de Salvaterra.
Outros paraxes de grande importancia pictórica poden ser o penedos das catro cruces; o penedo da Beiró ou un dos piñeiros de maior tamaño de todo o territorio galego.
En canto as infrastruturas culturais e deportivas, Alxén conta con dous colexios de educación primaria, Besada e Carlos Casares.
Alxén conta cun campo de fútbol de medidas normativas internacionais onde xogan os equipos de Alxén A e Alxén B. Ademáis dispón de dúas pistas polideportivas e un pavillón semicuberto que se encontra dentro de recinto do colexio.