Alfabetos alpinos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia do alfabeto |
---|
Idade do Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
Reciben o nome de alfabetos alpinos aqueles sistemas de escritura alfabética que teñen como trazo común o feito de teren sido utilizados na zona dos Alpes, ao norte da chaira padana en época prerromana. Parece ser que a súa orixe estaría no alfabeto etrusco. Á súa vez é bastante verosímil que estes sistemas de escritura estean na base do alfabeto rúnico: serían o elo que relacionaría este último co etrusco.
Adóitase falar de tres variedades principales de alfabetos alpinos:
- A escritura lepóntica: correspóndese co chamado Alfabeto de Lugano. Nota a lingua lepóntica, dialecto céltico independente.
- A escritura rética: correspóndese cos chamados alfabetos de Bolzano, Magrè, Trento e Sondrio. Nota a lingua rética, de cuxa adscrición exacta se segue a discutir, mesmo a cuastión da súa indoeuropeidade.
- A escritura véneta: correspóndese co alfabeto véneto. Nota a lingua véneta, falada polos vénetos, tribo que ocupaba a rexión da Venecia prerromana, e que é de filiación indoeuropea. Sobre este alfabeto exerceu un influxo posterior o alfabeto grego.
Estes textos dátanse aproximadamente entre o século -III e -I. A partir do século -II a influencia do alfabeto latino sobre estes alfabetos é notoria, chegando mesmo a lles prestar as letras B, D e G, oclusivas sonoras das que carecía o orixinal etrusco.