Abeleira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abelaira | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Corylus avellana | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá.
Nativa de Europa e Asia, alcanza entre 3 e 8 metros de altura, aínda que algúns exemplares poden chegar ata os 15 metros. As follas son arrondeadas, co extremo puntiagudo, as beiras dobremente serradas, de entre 6 e 12 cm. As flores masculinas aparecen no outono, volvéndose máis longas e de cor amarela na primavera, as femininas son moi pequenas e longas, cando se desenvolven dan lugar a acimos de 1 a 4 abelás.