A Moa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cume pertencente ós montes do Pindo, ó pé da vila do Pindo (concello de Carnota), de 635 m. de altura
O macizo do Pindo son uns dos montes máis míticos e máis mencionados en lendas de toda Galiza. Recibiron a cualificación de "O Olimpo Celta". O nome de Pindo débese á súa semellanza co monte Pindo de Grecia. Desde A Moa, o pico máis alto de toda a zona, pódese observar unha das maiores e máis impresionantes vistas de toda Galiza. É recomendable a subida. Polo camiño pódense atopar cabalos salvaxes.
O Macizo do Pindo está formado por varios picos de granito, as súas rochas destacan polas súas peculiares formas; unha das rochas máis coñecidas é a chamada "O Gherreiro".
No cume máis alto, na chamada "Laxa da Moa", resultan moi curiosas as pozas de agua (pías) formadas pola erosión que producen as borrascas tan características nesta zona.
Durante a Guerra Civil a Moa serviu como refuxio para fuxidos da zona.
Os montes do Pindo desde Portocubelo |
Vista de Carnota desde O Pindo |
||
Casas do Pindo coa Moa presidindo |